República Checa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
m Vivaelcelta moveu a páxina "República Checa - Česká republika" a "República Checa" sobre unha redirección
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 347:
De acordo co censo do ano [[2001]], a meirande parte dos habitantes da República Checa son de étnia checa (94,24 %), incluíndo [[Moravia|moravos]] e [[Silesia|silesios]]). A minorías máis importantes son: os [[Eslovaquia|eslovacos]] (1,89 %); [[Polonia|Polacos]] (0,51 %); [[Alemaña|alemáns]] (0,38 %); [[Ucraína|ucraínos]] (0,22 %); [[Vietnam|vietnamitas]] (0,17 %); [[Hungría|húngaros]] (0,14 %); [[Rusia|rusos]] (0,12 %); [[Pobo xitano|xitanos]] (0,11 %); [[Bulgaria|búlgaros]] (0,04 %); e [[Grecia|gregos]] (0,0 3%). De acordo con algunhas estimacións, hai en realidade polo menos 250.000 [[Pobo xitano|xitanos]] no país.
 
Segundo o Ministerio do Interior checo había en outubro [[2009]] 436.116 estranxeiros residentes no país, sendo os grupos máis importantes os precedentes de [[Ucraína]] (132.481), [[Eslovaquia]] (75.210), [[Vietnam]] (61.102), [[Rusia]] (29.976), [[Polonia]] (19.790), [[Alemaña]] (14.156), [[Moldavia]] (10.315), [[Bulgaria]] (6.346), [[Mongolia]] (5.924), [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] (5.803), [[China]] (5.314), [[Reino Unido]] (4.461), [[Bielorrusia]] (4.441), [[Serbia]] (4.098), [[Romanía]] (4.021), [[Casaquistán]] (3.896), [[Austria]] (3.114), [[Italia]] (2.580), [[Países Baixos]] (2.553), [[Francia]] (2.356), [[Croacia]] (2.351), [[Bosnia e Hercegovina]] (2.240), [[Armenia]] (2.021), [[Usbequistán]] (1.969), [[República de Macedonia|Macedonia]] (1.787) e [[Xapón]] (1.581).
 
A poboación [[Xudaísmo|xudía]] de [[Bohemia]] e [[Moravia]], 118.000 segundo o censo de [[1930]], foi practicamente aniquilada polos [[nazis]] durante o [[Holocausto]]. En [[2005]] había aproximadamente uns 4.000 xudeus na República Checa. O ex [[Primeiro Ministro da República Checa|primeiro ministro checo]], [[Jan Fischer]], é de orixe e fe e xudías.
Liña 353:
Dende a disolución de [[Checoslovaquia]] os cidadáns da antiga república podían cruza-la fronteira en ámbolos dous sentidos. En [[Český Těšín]], na [[rexión de Moravia-Silesia]], os polacos constitúen entre o 10 e o 45 % da poboación, sendo o [[polaco]] cooficial en varios concellos e aprendido en escolas públicas. Os alemáns constituían ata o fin da [[Segunda Guerra Mundial]] case a terceira parte da poboación, segundo o [[censo]] de [[2001]] só en trece concellos os alemáns superan o 10% da poboación.
 
A taxa de fecundidade é baixa, 1,5 fillos por muller. A inmigración provocou un aumento da poboación de case un 1% en [[2007]]. Preto de 77.000 novos estranxeiros establécense na República Checa cada ano. Os inmigrantes vietnamitas comezaron a establecerse na República Checa durante o período comunista, cando foron convidados en calidade de traballadores polo goberno [[Checoslovaquia|checoslovaco]]. Na actualidade, estímase que hai uns 70.000 vietnamitas na República Checa. En contraste cos ucraínos, vietnamitas chegaron á República Checa para vivir permanentemente. No [[século XX]], [[Chicago]] era a cidade coa terceira poboación máis grande checos despois de [[Praga - Praha|Praga]] e [[Viena]]. Segundo o censo de 2006 dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] hai 1.637.218 de estadounidenses de ascendencia checa, xa sexa total ou parcial.