Renacemento do século XII: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 17:
Por motivos pedagóxicos pódese situar dito período de cambios entre dous fitos históricos como, por exemplo, a [[Primeira Cruzada]] ([[1099]]) e a [[Batalla de Legnano]] ([[1176]]), momento no que se consolidaron as [[Comunas de Italia|comunas]] no norte de [[Italia]], aparecendo un novo axente político que disputaba o espazo político tanto aos poderes universais (pontificado e Imperio) como ás [[monarquía|monarquías]] [[feudalismo|feudais]].
 
A aplicación do concepto historiográfico de "renacemento do século XII" atribúese xeralmente ao [[Idade Media|medievalista]] [[Estados Unidos de América - United States of America|estadounidense]] Charles H. Haskins, aínda que algúns autores do século XIX utilizaran esta fórmula sen profondizar nela <ref>Especialmente Jean-Jacques Ampère, ou o abade Clerval ''Les Écoles de Chartres au Moyen Âge, du siècle XIIe au siècle XVIe'', Paris, 1895: "se lles debe [aos mastres chartrianos] atribuír o renacemento do século XII" (citado por Jacques Verger, ''La Renaissance du XIIe siècle'', Paris, Le Cerf, col. "Initiations au Moyen Âge", 1999, ISBN 2-204-05454-2)</ref>, e que a noción de renacemento fora xa empregada para cualificar outros períodos da Idade Media.<ref>Por Erna Patzelt en 1924 para o "renacemento carolinxio", e por Hans Naumann en 1927 para o "renacemento otoniano".</ref> Pero en [[1927]] aparece un libro que se converteu nun clásico, ''The Renaissance of the Twelfth Century''. <ref>Haskins, Charles Homer (1927): ''The Renaissance of the Twelfth Century''. Cambridge, Mass.: Harvard University Press.</ref> A vía adoptada é resoltamente innovadora: contraria por exemplo á de Jacob Burckhardt,<ref>''Die Kultur der Renaissance in Italien. Eine Versuch'', Bâle, 1860</ref> que intenta mostrar que o [[Renacemento]] do século XVI ten raíces nos séculos precedentes, Haskins intenta poñer en evidencia unha renovación cultural distinta e autónoma, e comparando o seu desenvolvemento subliñando certos aspectos comúns (redescubrimento de textos da [[Antigüidade clásica]], e desenvolvendo unha actividade intelectueal senón [[Laicismo|laica]], en todo caso menos controlada pola Igrexa.<ref>Haskins, Charles Homer, ''Op. cit.'', páx. 12</ref>
 
Charles H. Haskins foi, en efecto, o primeiro historiador en utilizar extensamente o concepto, o dun renacemento que xurdiu en plena Idade Media, comezando en torno a [[1070]]. En 1927, Haskins escribía que: