Diferenzas entre revisións de «Queixo»

m
Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
m (Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América)
 
==Produción e consumo no mundo==
O queixo é un dos principais produtos agrícolas do mundo. Segundo a [[Organización das Nacións unidas para a Alimentación e a Agricultura ]] (FAO), no ano [[2004]] producíronse no mundo máis de 18 millóns de toneladas. Esta cantidade é superior á produción anual de grans de [[café]], follas de [[té]], grans de [[cacao]] e [[tabaco]] xuntos. O maior produtor de queixo é [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], que asume un 30 por cento da produción mundial, seguido de [[Alemaña]] e [[Francia]].
 
En canto ás exportacións de queixo, o país cun maior valor monetario é Francia, seguido de Alemaña, que é o maior en canto a cantidade. Dos dez maiores países exportadores, só [[Irlanda]], [[Nova Zelandia]], [[Países Baixos]] e [[Australia]] teñen un mercado maioritariamente oriental, cun 95, 90, 72 e 65 por cento das súas producións exportadas, respectivamente<ref>Datos da [[FAO]] e o [[Eurostat]]</ref>. Malia ser Francia o maior exportador, tan só un 30 por cen da súa produción é exportada. Os países que máis queixo importan son Alemaña, [[Reino Unido]] e [[Italia]], por esta orde<ref>Datos da FAO ([http://www.fao.org/statistics/toptrade/trade.asp?disp=countrybycomm&dir=imp&resource=901&ryear=2004])</ref>.
!colspan=2|Maiores consumidores no 2003<ref>Datos do Centre National Interprofessionnel de l'Economie Laitière, CNIEL ([http://www.maison-du-lait.com/Scripts/public/stat.asp?Language=GB]).</ref><br />(kg por habitante)
|-
|[[Ficheiro:Flag of the United States.svg|20px]] [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]
|align=right|4.327
|[[Ficheiro:Flag of France.svg|20px]] [[Francia]]
Os datos nutricionais do queixo poden variar en función do seu contido en graxa, pero en xeral pódese dicir que é unha rica fonte de [[calcio]], [[proteína]]s, e [[Fósforo (elemento)|fósforo]]. 100 gramos de [[queixo manchego]] conteñen 21 gramos de proteínas e entre 600 e 900 miligramos de calcio. Ao tratarse basicamente de leite concentrado, fan falta 600 gramos de leite para igualar esta cantidade de proteínas, e 550 gramos para a de calcio.<ref>Datos nutricionais do queixo manchego ([http://www.ojosdelguadiana.com/propiedades.htm]).</ref><ref>Comparativa nutricional de produtos lácteos nun arquivo da CNN ([http://www.cnn.com/food/resources/food.for.thought/dairy/compare.dairy.html]).</ref>
 
O queixo tamén comparte co leite os seus problemas nutricionais, derivados do alto contido en graxas saturadas, consistentes en [[triglicéridos]] e [[acedo graxo saturado]]. Este tipo de graxas inflúen moi negativamente en enfermidades cardiovasculares. O Centro da Ciencia de Interese Público sitúa ao queixo como a primeira fonte de graxa saturada nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], nos que cada habitante consome de media un 13,6 kg ao ano. Con todo esta cantidade é bastante máis pequena que a de países europeos como [[Grecia]] (27 kg) ou [[Francia]] (24 kg), nos que se ten un índice relativamente baixo de enfermidades do [[corazón]]. Este feito coñécese como a [[paradoxa francesa]], e apúntase a que se poida xustificar polo alto consumo de produtos da [[dieta mediterránea]], como o [[viño tinto]] ou o [[aceite de oliva]].<ref>[http://pros.orange.fr/drobyweb/paradosp.htm O paradoxo francés].</ref>
 
Moitas axencias de todo o mundo advirten dos riscos do consumo de queixos feitos con leite fresco (non [[pasteurización|pasteurizada]]). A [[Administración de Drogas e Alimentos]] estadounidense sostén que os queixos de leite fresco poden causar enfermidades infecciosas como a [[listeriose]], [[brucelose]], [[salmonelose]], e até mesmo [[tuberculose]].<ref>[http://www.consumeraffairs.com/news04/2005/fda_cheese.html A FDA advirte sobre os riscos na saúde dos queixos de leite fresco.]</ref> Nos Estados Unidos, unha lei de [[1944]] obriga a todos os queixos de leite fresco (incluídos os importados dende 1951) a ter un curado mínimo de dous meses. Outros países non europeos tamén optaron por restrinxir legalmente o consumo destes queixos, como [[Australia]], un dos máis estritos niso, aínda que recentemente abriu excepcións cos queixos suízos [[queixo gruyère|gruyère]], [[queixo emmental|emmental]], [[queixo sbrinz|sbrinz]] e tamén co queixo [[roquefort]]. Con todo, a pasteurización do leite non é totalmente eficaz á hora de evitar estes problemas, como se pode ver nos datos de intoxicacións por consumo en Europa (onde en moitos países é legal o consumo de queixos frescos de leite non pasteurizada), e nos que a maioría de casos apuntaban a queixos pasteurizados.<ref>[http://www.specialtyfood.com/do/news/viewnewsarticle?ide=1841 Mitos dos queixos de leite fresco].</ref> As precaucións co consumo de queixos han de ser maiores no caso de embarazadas, como sinalan os [[Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades dos Estados Unidos]], debido ao risco de transmitir listeriose ao [[feto]].
103.099

edicións