Proceso de Reorganización Nacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 14 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q645986
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 2:
A xunta chegou ao poder nun contexto de violencia crecente, caracterizado polos enfrontamentos entre faccións armadas de [[esquerda (política)|esquerda]] e [[dereita (política)|dereita]] do [[Peronismo|movemento peronista]], e a acción violenta de organizacións guerrilleiras como [[Montoneros]], de tendencia peronista, e o [[Ejército Revolucionario del Pueblo|ERP]], de inclinación [[marxista]]. Estes graves enfrontamentos incrementáronse significativamente desde fins da [[anos 1970|década do 70]] e foron a principal xustificación utilizada polas FF.AA. para derrocar ao débil e pasivo {{cómpre referencia}} goberno de Martínez de Perón.
 
Gardando continuidade co [[Operativo Independencia]] que a presidente [[María Estela Martínez de Perón]] ordenara en [[1975]] en [[Tucumán]], a xunta levou a cabo unha guerra contra as organizacións guerrilleiras, que contou co apoio inicial do goberno [[Estados Unidos de América|estadounidense]]—cuxo secretario de Estado, [[Henry Kissinger]], avalou expresamente como medio para erradicar a "''ameaza do [[comunismo]]''"<ref>[http://www.gwu.edu/~nsarchiv/NSAEBB/NSAEBB104/index.htm Grech, Daniel A.; ''U.S. OK'd "dirty war"''. Miami Herald, 4 de decembro de 2003]</ref>—. O goberno ''de facto'' [[desaparecidos pola ditadura arxentina|detivo, interrogou, torturou e executou clandestinamente]] a miles de guerrilleiros, colaboradores, incluíndo a médicos e avogados que ofreceron apoio profesional aos perseguidos, así como a miles de civís que non tiñan ningunha relación coa subversión e estableceu [[centros clandestinos de detención]] para levar a cabo estas tarefas. As persoas detidas nestes centros clandestinos eran denominados ''[[desaparecido]]s'' e gran cantidade deles foron executados e enterrados en fosas comúns ou arroxados ao mar.
 
O ''Proceso'' foi gobernado por catro xuntas militares sucesivas: