Diferenzas entre revisións de «Pop rock»

m
Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
m
m (Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América)
| bgcolor = crimson
| orixe musical = [[pop]], [[música rock|rock]]
| orixe cultural = anos 60 no [[Reino Unido]] e nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]
| instrumentos = guitarra eléctrica, baixo, batería, voz, teclado, sintetizador
| popularidade = dende os anos 60 ata a actualidade
O pop rock ten sido descrito como unha "variedade alegre da música rock representada por artistas como [[Elton John]], [[Paul McCartney]], [[Rod Stewart]], [[Chicago (grupo musical)|Chigago]] e [[Peter Frampton]]"<ref>L., Starr and C. Waterman, ''American Popular Music'' (Avale, 2ª ed): http://www.us.oup.com/us/companion.websites/019530053X/studentresources/chapter11/key_terms/</ref>. Polo contrario, o crítico musical George Starostin defíneo como un subxénero da música [[pop]] que usa cancións pegadizas baseadas principalmente nas guitarras. Starostin di que a meirande parte da música que tradicionalmente é chamada '[[power pop]]' ven do pop rock. El afirma que o contido lírico do pop rock e "normalmente secundario á música"<ref>http://starling.rinet.ru/music/zstyles.htm</ref>.
 
O crítico Philip Auslander di que a distinción entre pop e rock é máis pronunciada nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] que no [[Reino Unido]]. Afirma que nos Estados Unidos o pop ten raíces nos [[crooner]]s brancos como [[Perry Como]], mentres que o rock ven de formas musicais afro-americanas como o [[rock and roll]]. Auslander sinala que o conceto do pop rock que mestura pop e rock contradise á típica concepción de ámbolos dous xéneros como opostos. Auslander e outros estudiosos como Simon Frith e Grossberg argumentan que a música pop adoita a ser representada como unha forma de entretemento non auténtica, cínica, comercial e estereotipada. Polo contrario, a música rock adoita a ser considerada como unha forma auténtica, sincera e anti-comercial, en fai énfase nas composicións, na virtuosidade e na conexión real coa audiencia<ref>P. Auslander, ''Liveness: Performance in a Mediatized Culture''</ref>.
 
A análise da historia da música popular entre os anos 50 e 80 de Simon Frith ten sido criticada por B. J. Moore-Gilbert, que argumenta que Frith e outros expertos sobre-enfatizaron o papel do rock na historia da música popular ao nomear cada xénero novo usando o sufixo "rock". Así, cando un estilo de música orientado ao [[folk]] desenvolveuse nos anos 60, Frith denominouno "[[folk rock]]", e os estilos infundidos polo pop dos anos 70 foron chamados "pop rock". Moore-Gilbert afirma que este enfoque coloca inxustamente ao rock no cumio, e fai que todas as demais influencias se convirtan nun complemento do rock<ref>B. J. Moore-Gilbert, ''The Arts in the 1970s: Cultural Closure?'' (Routledge, 1994), p. 240, ISBN 0-415-09906-4.</ref>.
103.029

edicións