Piano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m *voltar -> volver
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 35:
Entre os anos [[1760]] e [[1830]] a fabricación de pianos tivo unha gran expansión e sufríu grandes modificacións. Esta revolución foi unha resposta á preferencia dos compositores e pianistas por ter un piano cun son máis poderoso e sostido, e foi posible grazas aos avances tecnolóxicos xurdidos a partir da [[Revolución industrial]], que estaba comezando. Algúns destes avances foron a alta calidade do aceiro das cordas, chamado específicamente corda de piano, así como a precisión da fundición para a produción de ferro fundido. Co tempo, a gama tonal do piano tamén foi en aumento e pasou das cinco octavas da época de Mozart ás sete octavas e un tercio ou máis dos pianos modernos.
 
En [[1762]] [[Henry Walsh]] realizou o primeiro concerto para piano en toda a historia en [[Dublín]]. O deseñador de pianos francés [[Sébastien Érard]] construíu en [[1776]] o piano rectangular, que era unha variante especial do piano de cola. En [[1773]] publicáronse as sonatas para piano Opus 2 de [[Muzio Clementi]], que pretendían utilizar ao máximo os recursos do piano. En [[1775]] construíuse en [[Filadelfia]] o primeiro piano en [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e en [[1795]] o primeiro piano vertical en [[Londres]], deseñado por [[William Stodart]]. [[Pascal Taskin]] tamén fabricou algúns pianos entre os anos [[1786]] e [[1790]].
 
Os primeiros avances tecnolóxicos foron en gran medida grazas á empresa inglesa Broadwood, que xa tiña reputación polo ton esplendoroso e poderoso dos seus [[clavecín]]s. Broadwood construíu instrumentos que foron progresivamente máis grandes, máis fortes e máis vigorosamente construidos. Enviaron dous pianos a [[Joseph Haydn]] e [[Ludwig van Beethoven]] e foi a primeira empresa de fabricación de pianos cunha gama de máis de cinco octavas: cinco octavas e unha quinta no ano [[1790]], seis octavas en [[1810]] (Beethoven utilizou as notas adicionadas na súas obras posteriores), e sete octavas en [[1820]]. Os fabricantes vieneses tamén seguiron estas tendencias, porén, as dúas escolas de piano utilizaron diferentes accións: o mecanismo de Broadwood era máis robusto e o dos instrumentos de [[Viena]] era máis sensible.
Liña 44:
Unha das principais innovacións técnicas que axudaron a crear o son do piano moderno é a utilización do [[ferro fundido]]. Tamén o chamado "marco", o ferro fundido que se asenta sobre a caixa de resoancia, que serve como principal baluarte contra a forza exercida pola tensión das cordas. O aumento da integridade estructural do ferro fundido permitíu o uso de cordas máis grosas, máis tensas e máis numerosas, en lugar das cordas de [[latón]] empregadas ata entón, que eran máis brandas e non soportaban tensións tan altas. Posteriormente usáronse cordas de [[aceiro]], máis fortes que as de ferro e que permitían unha tensión aínda maior. Nun piano de cola moderno o total da tensión das cordas pode aproximarse ás 20 toneladas-forza. A peza sinxela de ferro fundido foi patentada en [[1825]] en [[Boston]] por [[Alpheus Babcock]], combinando o enganche do marco (creado en [[1821]] e reclamado por Broadwood en nome de [[Samuel Hervé]]) e a barra de resistencia (creada por Thom e Allen en [[1820]], pero tamén reclamada por Broadwood e Érard). Máis tarde a empresa Chickering & Mackays patentou o primeiro marco de ferro dos pianos de cola en [[1843]]. Os fabricantes europeos de pianos preferiron os marcos de ferro fundido ata principios do [[século XX]], data no que o sistema estadounidense foi completamente adoptado.
 
Incluíronase outras innovacións no mecanismo do piano, como o uso de fieltro nos mazos en lugar de recubrilos con coiro. Estes mazos de fieltro foron empregados por vez primeira por [[Jean-Henri Pape]] en [[1826]]. Ao ser un material máis consistente, permitía maiores rexistros dinámicos. Outras importantes innovacións técnicas desta época inclúen cambios na forma de fabricación das cordas, como o uso dun "coro" de tres cordas en lugar de dúas, agás para as das notas inferiores; e o uso de diferentes métodos de tensado. Co método de tensado ''over string'', tamén chamado ''cross-stringing'', a cordas colócanse de maneira superposta inclinadas verticalmente, con pontes de dúas alturas na caixa de resoancia en lugar de só unha altura. Isto permite cordas maiores, pero non necesariamente máis longas, para encaixar dentro do piano. O tensado ''over string'' foi inventado por [[Jean-Henri Pape]] durante a década de 1820 e foi patentado para o seu uso nos pianos de cola en [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] por [[Henry Steinway Jr.]] en [[1859]].
 
Ao longo do século XIX fundáronse numerosas compañías de fabricación de pianos. En [[1928]], [[Ignaz Bösendorfer]] fundou a súa en [[Austria]] e o ano [[1853]] supuxo un fito no que se refire á aparición de fábricas de pianos, xa que o alemán [[Heinrich Engelhard Steinweg]] emigrou a [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e fundou en [[Nova Yprk]] a fábrica Steinway & Sons; [[Julius Blüthner]] fundou a súa compañía en [[Leipzig]] e [[Carl Bechstein]] fixo o propio en [[Berlín]].
 
En [[1863]] Steinway & Sons deseñaron e fabricaron o piano vertical moderno con cordas cruzadas e unha única táboa harmónica, e en [[1874]] perfeccionaron o pedal tonal ou ''sostenuto'', inventado en [[1844]] por [[Jean Louis Boisselot]], que permitía un rexistro máis amplo. Ese mesmo ano, [[Julius Blüthner]] patentou o sistema aliquot, que incorporaba a cada grupo de tres cordas unha cuarta adicional máis elevada para incrementar a resoancia das mesmas e que non era percutida polo mazo, senón que vibraba en simpatía. En [[1880]] Steinway & Sons abríu unha sucursal en [[Hamburgo]], o que incrementou a competencia no mercado europeo con Bechstein e Blüthner.