Paracetamol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 52 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q57055
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 19:
En 1946, o Instituto para o Estudo de Drogas Analxésicas e Sedantes outorgou unha subvención ao Ministerio de Sanidade de [[Nova York]] para estudar os problemas asociados co uso de analxésicos. Bernard Brodie e [[Julius Axelrod]] foron asignados para investigar por que compostos non relacionados coa aspirina daban lugar a [[metahemoglobinemia]], unha [[síndrome]] non letal consistente na deformación da [[molécula]] da [[hemoglobina]] e por tanto causante da súa incapacidade para transportar [[Osíxeno molecular|osíxeno]] de forma efectiva. En [[1948]] ambos os investigadores relacionaron o uso da acetanilida coa metahemoglobinemia e deduciron que o seu efecto analxésico era debido ao seu metabolito paracetamol. Propuxeron o uso de paracetamol (acetaminofén) xa que este non tiña os efectos [[tóxico]]s da acetanilida.<ref name="Jpharmacol1948-Brodie">Brodie BB & Axelrod J (1948). ''J. Pharmacol. Exp. Ther.'' '''94''': 29-38.</ref>
 
O paracetamol foi posto á venda nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] en [[1955]] baixo o nome comercial Tylenol. En [[1956]], pastillas de 500 mg de paracetamol puxéronse á venda no [[Reino Unido]] baixo o nome de Panadol, producido por Frederick Stearns & Co, unha filial de Sterling Drug Inc. Ao principio Panadol estivo dispoñible unicamente con [[receita médica]], para o alivio da dor e a [[febre]], e foi anunciado como "inocuo para o estómago", debido a que outros analxésicos da época contiñan ácido acetilsalicílico, un irritante coñecido do [[estómago]], pero xa en abril do 2009 a [[Administración de Alimentos e Medicamentos]] de [[Estados Unidos de América|EUA]] obriga a fabricantes a informar que o paracetamol, cando se administra en doses moi altas ou xunto con bebidas alcohólicas, pode ser altamente tóxico e potencialmente mortal, en virtude dos danos que pode causar ao fígado.<ref> [http://www.fda.gov/downloads/advisorycommittees/committeesmeetingmaterials/drugs/drugsafetyandriskmanagementadvisorycommittee/ucm168778.pdf Briefing Materials For Drug Safety And Risk Management Anesthetic And Life Support And Nonprescription Drugs Advisory Commitee Meeting] </ref> En xuño de [[1958]] comercializouse unha formulación para nenos, Panadol Elixir. En [[1963]] o paracetamol engadiuse ao [[vademécum]] británico, e desde entón popularizouse como un analxésico con poucos [[efectos secundarios]] e con poucas interaccións con outros medicamentos.
 
A [[patente]] sobre o paracetamol expirou nos Estados Unidos, e varios xenéricos están amplamente dispoñibles baixo a Acta de Competitividade de Prezos e a Lei de Restauración de Patentes de [[1984]], aínda que certos preparados de Tylenol estiveron protexidos até o 2007. Nos EUA, a patente número 6.126.967 do [[3 de setembro]] de [[1998]] foi concedida para a "liberación estendida de preparados de acetaminofén".