Ovo (alimento): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 246:
[[Ficheiro:Huehnereier 2989.jpg|dereita|miniatura|250px|Ovos morenos (credit this photo Rüdiger Wölk, Münster)]]
 
A cor da casca dos ovos, branca ou castaña, é un carácter xenético, consecuencia da raza da galiña, e non ten relación coa súa calidade [[nutrición|nutritiva]] ou [[gastronomía|gastronómica]]. Aínda así, é un feito comprobado a preferencia do consumidor polos ''ovos morenos'' en detrimento dos ''ovos brancos''. Esta preferencia é habitual en Galicia e en España, tamén noutros países, como por exemplo nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] (excepto no noroeste do país), [[Reino Unido]] ou [[Brasil]].
 
A razón hai que buscala nas orixes da produción industrial de ovos e a aparición das primeiras granxas de galiñas poñedoras mantidas en gaiolas. Estas galiñas foron seleccionadas entre razas de ovos brancos, máis lixeiras e máis poñedoras. Fronte a elas, as galiñas utilizadas na cría doméstica eran de razas non seleccionadas e, normalmente, de ovos morenos. Naceu así a diferenza entre os ''ovos da casa'', morenos, grandes e de xema ben pigmentada; e os ''ovos de granxa'', brancos, normalmente de menor tamaño e de xema máis pálida. A estas diferenzas físicas, o consumidor engadía outras consideracións máis subxectivas, sobre a forma de cría dunhas galiñas e outras: as primeiras levaban unha vida máis natural, máis sa, mentres que as segundas levaban unha existencia forzada e artificial. As ''galiñas de curral'' comían alimentos naturais (millo, herba, miñocas, etc.) e vivían ó sol e ó aire libre; as ''galiñas de granxa'' comían pensos artificiais e vivían amoreadas en estreitas gaiolas e con luz eléctrica. Non costa entender que o consumidor se decantase polos ''ovos naturais'' e rexeitase os brancos de granxa, tachándoos de ''artificias e con química''.