Oklahoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 147 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1649
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 36:
'''Oklahoma''' é un [[Estados dos Estados Unidos de América|estado]] situado na rexión Sur dos Estados Unidos de América. Con 3.579.212 habitantes no 2006 e unha superficie de 181.035 km², ocupa o lugar número 28 entre os estados máis poboados, e o 20 entre os máis grandes. O seu nome deriva das palabras [[choctaw]] ''okla'' e ''humma'', que significan "xente vermella".<ref name="Oklahoma's Name">{{cita web| título = Chronicles of Oklahoma| autor = Muriel Wright | editorial = Oklahoma State University| data = xuño de 1936 | url = http://digital.library.okstate.edu/Chronicles/v014/v014p156.html | lingua = inglés | dataacceso = 24-01-2011}}</ref> Informalmente é coñecido co alcume de ''The Sooner State''. Oklahoma foi o cuadraxésimo sexto estado en formar parte da Unión o 16 de novembro de 1907, a partir do [[Territorio Indio]]. A capital e maior cidade do Estado é [[Oklahoma City]]. Conta con 77 [[condado]]s.
 
Oklahoma é un importante produtor de [[gas natural]], [[petróleo]] e diversos alimentos. A economía de Oklahoma está baseada na [[aviación]], [[enerxía]], [[telecomunicacións]] e a [[biotecnoloxía]]. É unha das economías de máis rápido crecemento de [[Estados Unidos de América|EUA]], o terceiro estado na clasificación de ingresos per cápita e o líder en crecemento do [[produto nacional bruto]]. Oklahoma City e [[Tulsa]] son os principais motores da economía do Estado, xa que concentran case o 60% da poboación nas súas áreas metropolitanas. O estado de Oklahoma ten competencias importantes na administración da educación e a sanidade. Ademais, as súas universidades máis grandes participan nas competicións deportivas da [[NCAA]] e a [[NAIA]], mentres que dous dos seus clubes de atletismo encóntranse entre os máis exitosos de Estados Unidos.
 
Con pequenas cadeas montañosas, pradeiras, e bosques ao oeste, a maior parte de Oklahoma está situada entre as [[Grandes Chairas dos Estados Unidos]] e as Terras Altas, unha rexión especialmente proclive a condicións meteorolóxicas adversas. En Oklahoma predominan os alemáns, irlandeses, británicos e descendentes de nativos americanos. No estado fálanse máis de 25 linguas indíxenas de América, máis que en calquera outro estado.
Liña 65:
Durante a década de 1930, algunhas partes do estado comezaron a sentir as consecuencias das malas prácticas agrícolas, cando chegaron as [[seca]]s e os fortes ventos. Coñecido como o [[Dust Bowl]], áreas de [[Kansas]], [[Texas]], [[Novo México]], e o noroeste Oklahoma, vense obstaculizadas por longos períodos de escasas precipitacións e temperaturas altas, o que levou a miles de agricultores á ruína, forzándoos a trasladarse a zonas máis fertis das rexións occidentais de Estados Unidos. Durante o período que vai de [[1930]] a [[1950]], a poboación do estado descendeu, caendo un 6,9 por cento. Para frear esta situación, fixéronse enormes esforzos para a conservación do solo e da auga, creando sistemas de control de inundacións e numerosas presas. Na década dos 60 construíronse máis de 200 embalses, máis que en ningún outro lugar de EUA.<ref>{{Cita web | ano=2007|url=http://www.history.com/states.do?action=detail&state=OK&contentType=State_Generic&contentId=54146|título= History of the States: Oklahoma, The Sooner State | editorial= [[The History Channel]]| dataacceso=9 de xuño de 2011}}</ref>
 
En [[1995]], [[Oklahoma City]] converteuse no escenario dun dos peores atentados terroristas cometidos na historia de [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], o [[Atentado de Oklahoma City]], que tivo lugar o 19 de abril de 1995, cando Timothy McVeigh e Terry Nichols detonaron un explosivo nas aforas do [[Edificio Federal Alfred P. Murrah]], matando a 168 personas, incluídos 19 cativos. Timothy McVeigh foi condenado a morte e executado por inxección letal, mentras que o seu compañeiro, Terry Nichols, foi declarado culpable de 161 cargos de asasinato en primeiro grao e foi condenado a cadea perpetua sen posibilidade de liberdade condicional.
 
== Xeografía ==
Liña 168:
A principios do [[2007]], Oklahoma tiña unha forza laboral de 1'7 millóns de traballadores, e o total de emprego non agrícola oscilaba arredor dos 1'6 millóns de traballadores. O sector público proporciona a maior parte do emprego, con 326.000 traballadores no 2007, seguido do sector de transportes e servizos públicos con 258.000 traballadores, e os sectores de [[educación]], negocios e a [[industria]], con 191.000, 178.000 e 151.000 postos de traballo respectivamente.<ref name="employment">{{Cita web |data=01-08-2007|url=http://www.bls.gov/eag/eag.ok.htm| título= Oklahoma Economy at a Glance| editor=United States Department of Labor, Bureau of Labor Statistics| dataacceso=20 de febreiro de 2011 |lingua=inglés}}</ref>
Entre as industrias máis importantes do estado, o sector aeroespacial xera $ 11 mil millóns anuais.
En [[Tulsa]] encóntrase a maior base de mantenemento de liñas aéreas no mundo, que proporciona o mantenemento e a enxeñería global para a sede de [[American Airlines]]. En total, o sector aeroespacial representa máis do 10 por cen da produción industrial de Oklahoma, e é un dos 10 principais estados no sector aeroespacial, na fabricación de motores.<ref name="Oklahoma's Economy 1">{{Cita web |url=http://staging.okcommerce.gov/test1/dmdocuments/Oklahoma_At_A_Glance_0602061749.pdf| título= Oklahoma at a Glance | editor=Oklahoma Department of Commerce| formato=pdf|dataacceso=20 de febreiro de 2011 |lingua=inglés}}</ref> Debido á súa situación no centro de Estados Unidos, Oklahoma é tamén un dos principais centros loxísticos dos estados, e é un importante contribuínte nas investigacións relacionadas co clima. O Estado é un dos principais fabricantes de pneumáticos de [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e ten unha das industrias de [[biotecnoloxía]] de máis rápido crecemento na nación.
No 2005, as exportacións internacionais de Oklahoma da industria manufactureira eran de $ 4.300 millóns, o que representa o 3,6 por cento da economía do estado. A fabricación de pneumáticos, o procesamento de carne, petróleo e a fabricación de equipos de gas e aire acondicionado son as maiores industrias manufactureiras do estado.<ref>{{Cita web |ano=2005|url=http://staging.okcommerce.gov/test1/dmdocuments/Manufacturing_Cluster_Report_2908051623.pdf| título= Manufacturing Cluster Analysis| editor=Oklahoma Chamber of Commerce| formato=pdf|dataacceso=20 de febreiro de 2011 |lingua=inglés}}</ref>