Pascual Veiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Pascual Veiga Iglesias''' ([[Mondoñedo]], [[9 de abril]] de [[1842]] - [[Madrid]], [[12 de xullo]] de [[1906]]) foi un compositor galego, autor da música do [[Himno galego]] e doutras composicións como "Alborada Gallega", coñecida como "Alborada de Veiga".
 
Comezou a compor de neno. Foi profesor do Conservatorio Nacional de Madrid e fundou e dirixiu varios [[orfeón]]s, cos que recebeu numerosos premios. Co Orfeón Coruñés obtivo a medalla de ouro e as Palmas Académicas durante a [[Exposición Universal de París]] de [[1889]]. Foi organista da Igrexa de San Domingos de Betanzos e da Colexiada da Coruña.