Nine Inch Nails: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m *voltar -> volver |
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América |
||
Liña 4:
| lenda = Concerto de NIN en 2005
| orixe = [[Cleveland, Ohio]]
| país = [[Estados Unidos de América
| período = [[1988]] - actualidade
| xénero = [[rock industrial]], [[rock alternativo]], [[metal industrial]], [[rock electrónico]]
Liña 15:
'''Nine Inch Nails''' (abreviado como '''NIN''' e escrito como '''NIИ''') é unha banda de [[rock industrial]] estadounidense formada en [[Cleveland]], [[Ohio]] en [[1988]] por [[Trent Reznor]], que é o único membro permanente do grupo, e que fai as funcións de produtor, vocalista, compositor e instrumentista. A música de NIN abarca unha ampla gama de xéneros, conservando ao mesmo tempo un característico son utilizando instrumentos e procesadores electrónicos. Despois de gravar cada novo álbum, Reznor monta unha banda de directo para actuar con ela. No escenario, NIN adoita empregar espectaculares elementos visuais para acompañar a actuación, que frecuentemente remata cos músicos escachizando os seus instrumentos.
O público do ''underground'' recibiu calorosamente a música de Nine Inch Nails nos seus primeiros anos. Na década dos 90 a banda realizou varios influentes traballos que acadaron un certo grao de popularidade no público máis xeral, e moitos temas da banda convertéronse nun éxito nas radios. Dous dos seus discos recibiron premios [[Grammy]], chegando a vender uns 20 millóns de discos en todo o mundo, 10'5 deles só nos [[Estados Unidos de América
Dende [[1989]], Nine Inch Nails leva editados oito álbums de estudio. Os dous máis recentes, ''[[Ghosts I–IV]]'' e ''[[The Slip]]'', ambos os dous aparecidos no [[2008]], foron editados baixo licenzas [[Creative Commons]]. Os dous foron lanzados dixitalmente, aparecendo as súas edicións físicas posteriormente. A edición dixital de ''[[The Slip]]'' estivo dispoñible de xeito totalmente gratuíto. NIN estivo nomeada doce veces aos [[Grammy]] e gañouno dúas veces, para os temas "[[Wish]]" e "[[Happiness in Slavery]]", nos anos [[1992]] e [[1995]] respectivamente<ref>[http://www.grammy.com/nominees/search?artist=&title=&year=1992&genre=31 Grammys da categoría de rock de 1992]</ref><ref>[http://www.grammy.com/nominees/search?artist=&title=&year=1995&genre=31 Grammys da categoría de rock de 1995]</ref>.
Liña 29:
Escrito, arranxado e interpretado por [[Trent Reznor]], o primeiro álbum de Nine Inch Nails, ''[[Pretty Hate Machine]]'', apareceu o [[20 de outubro]] de [[1989]] a través do selo [[TVT Records]]<ref>http://www.ninwiki.com/Pretty_Hate_Machine</ref>. O traballo marcou a primeira colaboración de Reznor con [[Adrian Sherwood]] (que produciu o sinxelo principal, "[[Down in It]]", en [[Londres]] sen coñecelo persoalmente) e con [[Flood|Mark "Flood" Ellis]]. A produción de [[Flood]] aparece na maioría das principais edicións de Nine Inch Nails ata o ano [[1994]], e Sherwood fixo remesturas para a banda ata os anos 2000. Reznor e os seus co-produtores expandiron as demos do Right Track Studio engadindo os sinxelos "[[Head Like a Hole]]" e "Sin". Após pasarse 115 semanas na lista ''[[Billboard 200]]''<ref>[http://www.billboard.com/#/album/nine-inch-nails/pretty-hate-machine/12508 ''Pretty Hate Machine'' nas listas da ''Billboard'']</ref>, ''[[Pretty Hate Machine]]'' converteríase nun dos primeiros discos independentes en conseguir a certificación de platino. A [[MTV]] emitiu os vídeos de "Down in It" e "Head Like a Hole", pero un explícito vídeo de "Sin" só sería editado en [[1997]] no VHS ''[[Closure]]''.
En [[1990]], NIN comezou a ''Pretty Hate Machine Tour Series'', na cal xirou por Norteamérica e foi entrante de artistas como [[Peter Murphy]] e [[The Jesus and Mary Chain]]. Nine Inch Nails embarcouse posteriormente nunha xira mundial pasando tamén pola primeira edición do ''[[Lollapalooza]]'' en [[1991]]. Despois dunha pobre recepción en Europa como entrante de [[Guns N' Roses]], NIN volveu aos [[Estados Unidos de América
=== ''Broken'' ===
Liña 39:
=== ''The Downward Spiral'' ===
O segundo álbum de Nine Inch Nails, ''[[The Downward Spiral]]'', foi lanzado o [[8 de marzo]] de [[1994]]<ref>http://www.ninwiki.com/The_Downward_Spiral_(halo)</ref> acadou o número 2 na lista ''Billboard 200'', onde pasou 115 semanas<ref>[http://www.billboard.com/#/album/nine-inch-nails/the-downward-spiral/151719 ''The Downward Spiral'' nas listas da ''Billboard'']</ref>, sendo o disco da banda máis vendido nos [[Estados Unidos de América
Do traballo saíron dous sinxelos, "[[March of the Pigs]]" e "[[Closer (sinxelo de NIN)|Closer]]", que xunto a "Hurt" e "Piggy" foron difundidos polas radios aínda que destes dous últimos non houbo unha edición en sinxelo. O vídeo de "[[Closer (sinxelo de NIN)|Closer]]" foi dirixido por Mark Romanek e apareceu frecuentemente na [[MTV]], aínda que a canle editou bastante a versión orixinal argumentando que era demasiado gráfica. Unha versión para a radio que corta determinadas partes da letra do tema tamén puido ser escoitada na radio con asiduidade. O vídeo ''[[Closure]]'' amosa partes da xira de NIN ''Self Destruct'', e inclúe as interpretacións en directo de "Eraser", "Hurt" e un clip de "March of the Pigs" feito para a [[MTV]].
[[Ficheiro:Trent Reznor Self-Destruct.jpg|miniatura|Trent Reznor nun concerto da xira ''Self-Destruct''|300px]]
As críticas sobre ''[[The Downward Spiral]]'' polo xeral foron favorables: acadando o álbum no ano [[2005]] o posto 25 na lista da revista ''Spin'' dos "100 mellores álbums, 1985–2005", e no [[2003]] o posto 200 da lista da ''[[Rolling Stone]]'' doa "500 mellores álbums de todos os tempos". Despois da súa edición, Reznor produciu un álbum de remesturas titulado ''[[Further Down the Spiral]]'', a única edición de NIN que non saíu cun gran selo en acadar o disco de ouro nos [[Estados Unidos de América
A xira ''Self-Destruct'' para promocionar o álbum acadou o seu punto máis alto coa actuación no festival ''Woodstock '94'' que foi emitida na televisión por pago e vista nuns 24 millóns de fogares. A partir dese intre Nine Inch Nails acadou un considerable éxito no ''mainstream'', mellorando as producións e incorporando elementos visuais aos seus concertos. Nese tempo, o perfeccionismo de Reznor no estudio, as súas adicións, e un bloqueo creativo prolongaron a produción do seu seguinte traballo.
Liña 67:
=== ''Year Zero'' ===
[[Ficheiro:AIR flier.jpg|miniatura|200px|''Flier'' do xogo de realidade alternativa ''Year Zero''.]]
O quinto álbum de estudio de Nine Inch Nails, ''[[Year Zero]]'', foi editado só dous anos despois de ''[[With Teeth]]'', un cambio con respecto aos anteriores. Con letras escritas dende a perspectiva de multiples personaxes, Reznor describe a ''[[Year Zero]]'' como un álbum conceptual que critica as políticas da época dos [[Estados Unidos de América
Un xogo de realidade alternativa xurdiu paralelamente ao concepto de ''[[Year Zero]]'', ampliando a historia que conta o álbum. Pistas ocultas no ''merchandise'' das xiras levou inicialmente aos seareiros a descubriren unha rede de páxinas web ficticias, web do xogo que describían "unha imaxe orweliana dos [[Estados Unidos de América
O primeiro sinxelo da banda, "[[Survivalism]]", e outros temas de ''[[Year Zero]]'' foron editados como ficheiros de audio multipistas para que os fans os remesturasen. Un álbum de remesturas titulado ''[[Year Zero Remixed]]'' foi posteriormente lanzado, contendo remesturas de ''[[Year Zero]]'' feitas por outros artistas. O álbum de remesturas sería o derradeiro da banda cunha gran discográfica, xa que significou a fin do seu contrato con Interscope Records e NIN non o renovou. Este álbum acompañouse por unha páxina interactiva con descargas de audios e coa posibilidade de enviar as remesturas feitas polos usuarios.
|