Nicolae Ceaușescu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 27:
Para pagar a débeda externa acumulada produto da industrialización acelerada na década anterior, ordenou a exportación de gran parte da produción agrícola e industrial do país. O resultado foi a escaseza de comida, enerxía e medicamentos, que provocou que a vida diaria dos romaneses fose unha loita pola supervivencia. Ceaușescu ademais instituíu un culto á súa persoa, dándose a si mesmo o título de ''Conducător'', tendo ata un cetro feito para el como presidente. Tamén múltiples membros da súa familia tiveron importantes posicións no seu goberno, como a súa muller Elena Ceaușescu.
 
En [[1978]] [[Ion Mihai Pacepa]], un experimentado membro do Securitate, desertou a [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], o que foi un duro golpe para o réxime e levouno a redeseñar a arquitectura da policía secreta. O libro de Pacepa, ''Horizontes vermellos: Crónicas dun espía comunista'' ([[1986]]), sinala que o réxime de Ceaușescu colaborou con terroristas árabes e realizou espionaxe a industrias de países occidentais.
 
Empezando en [[1972]], Ceaușescu instituíu un programa de sistematización, que foi promulgado como unha forma de construír unha «sociedade [[socialismo|socialista]] desenvolvida multilateral». O programa de demolición, construción e recolocación empezou nas zonas rurais, terminando co intento de remodelar completamente a capital. Un quinto das construcións de [[Bucarest]], incluíndo igrexas e edificios históricos, foron botados abaixo, e substituídos por edificacións que seguían o estilo personalista do réxime. Moita xente morreu durante a construción do "Palacio do Pobo" (''Casa Poporului''), en [[Bucarest]], o que actualmente ocupa o Parlamento e que é o segundo edificio máis grande do mundo, despois do [[O Pentágono|Pentágono]]. Tamén planificou a demolición de múltiples vilas para mover aos seus habitantes a edificios de bloques nas cidades, como parte do seu programa de urbanización e industrialización.