Mr. Bungle: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 16 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1147061
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 26:
En 1989 editaron a súa última maqueta, ''OU818'', con [[Danny Heifetz]] na batería e [[Clinton "Bär" McKinnon]] no saxofón. Contiña cancións de maquetas anteriores, e case a metade dos temas chegaron a estar presentes no seu primeiro gran lanzamento.
 
Por estas datas xa estaban consolidados como unha ds bandas con máis seguidores do norte de California, e o seu vocalista [[Mike Patton]] fora contratado polo grupo [[Faith No More]]. Non tardou en chegar un contrato co selo [[Warner Bros Records]]. O seu primeiro álbum, producido por [[John Zorn]] e titulado ''Mr. Bungle'', foi lanzado o 13 de agosto de 1991. A crítica describiu o seu son como "[[funk metal]]", e tivo boas ventas, que os levaron a realizar unha exitosa xira de promoción polos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]].
 
Moitos proxectos paralelos e atrasos no deseño contribuíron ao paro de catro anos entre o lanzamento do primeiro disco e o seguinte, ''Disco Volante'', que vería a luz en outubro de 1995. Contiña só temas novos, e collía elementos de estilos como o jazz, techno, tango, ou death metal. Deron concertos por norteamérica, Europa e mesmo Australia, coa colaboración do percusionista [[William Winant]].