Diferenzas entre revisións de «Talibán»

m
Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
m (Bot: Elimino: pt,zh,pl,he,fr,es,tr,no,ms,fi,it,de,id,ja,cs,fa,simple,ka,tl,nl,ar,da (strongly connected to gl:Talibán))
m (Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América)
Despois da caída da prosoviética [[República Democrática de Afganistán]] en [[1992]], Afganistán foise enredando nunha guerra civil entre [[señor da guerra|señores da guerra]]. Os talibáns emerxeron eventualmente como unha forza capaz de traer orde ó país. A subida dos talibáns axudou á economía eliminando os pagos que os señores da guerra esixían ós comerciantes, trouxo vantaxes políticas reducindo a loita entre faccións (aínda que o talibáns combateron agresivamente contra os seus inimigos, a súa hexemonía relativa reduciu o número de faccións) e trouxo estabilidade relativa impoñendo un sistema de normas ante unha sociedade caótica. A ideoloxía radical dos talibán apartaría máis adiante a moitos observadores que consideraban inicialmente a súa aparición como positiva. A mitoloxía talibán establece a primavera de [[1994]], co rapto e violación de dúas raparigas nun punto de control [[mujahidin]] na aldea de [[Sang Hesar]] nas aforas de [[Kandahar]]. O mulá local Omar, veterán da facción [[Harakat-i Inqilab-i Islami]] contra o réxime de [[Najibulá]], con outros trinta e tantos talibáns organizou un grupo armado para rescatar as raparigas e colgou o comandante dos mujahidín.
 
Despois deste incidente, Omar fuxiu á provincia veciña de [[Baluchistán]] en [[Paquistán]]. Para o outuno de 1994 organizara unha milicia ben armada e ben financiada de 1.500 seguidores, que proporcionarían a protección para un comboio comercial paquistaní que levaba mercancías por terra a [[Turcomenistán]]. Con todo, moitos informes suxiren que o comboio estaba de feito composto por completo por combatentes paquistanís que se presentaban como talibáns e que contaban coa axuda do goberno paquistaní e tamén, en certa medida, dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] para contrarrestar a [[Alianza do Norte]].
 
[[Categoría:Afganistán]]
103.099

edicións