Diferenzas entre revisións de «Misfits»

m
Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
m (Bot: Retiro 25 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q311785)
m (Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América)
}}
 
'''Misfits''' é unha banda [[Estados Unidos de América|estadounidense]] de [[horror punk]] procedente de [[Lodi, New Jersey]] e formada en [[1977]]. Adoita a ser recoñecida como a proxenitora do subxénero horror punk, que mestura [[punk rock]] e outras influncias musicais cunha estética de películas de terror. O grupo tivo unha formación fluctuante durante os seus prumeiros seis anos de vida, co seu creador [[Glenn Danzig]] e o baixista Jerry Only como únicos membros constantes. Durante ese tempo editaron varios EPs e sinxelos e, co irmán de Only, Doyle, como guitarrista, os álbums ''[[Walk Among Us]]'' (1982) e ''[[Earth A.D./Wolfs Blood]]'' (1983), ámbolos dous considerados pedras angulares do movemento hardcore punk de comezos dos anos 80. The Misfits separaríase en [[1983]] e Danzig formaría [[Samhain]] e posteriormente [[Danzig]]. Publicaronse varios discos de material inédito e re-edicións tras a disolución da banda, e a súa música foi moi influínte no [[punk rock]], o [[heavy metal]] e o [[rock alternativo]] de finais dos 90 e principios dos anos 2000.
 
Despois dunha serie de batallas legais con Danzig, Only e Doyle recuperaron os dereitos para gravar e actuar como The Misfits. Os dous formaron unha nova versión da banda en [[1995]] co vocalista Michale Graves e o batería Dr. Chud. Esta encarnación do grupo está máis enraizada no heavy metal, e publicou os álbums ''[[American Psycho (álbum)|American Psycho]]'' (1997) e ''[[Famous Monsters]]'' (1999) antes de disolverse no ano [[2000]]. Jerry Only pasouse entón ás voces e recrutou ao antigo guitarrista de [[Black Flag]] Dez Cadena e ao antigo batería dos [[Ramones]] Marky Ramone para unha xira de 25 aniversario da banda. Esta formación editou un álbum de versións titulado ''[[Project 1950]]'' e xirou durate varios anos. No [[2005]] foi substituído por Robo, que tocara en Black Flag a comezos dos 80 e tamñen estivera nos Misfits entre [[1982]] e [[1983]]. A banda editou entón o sinxelo "Land of the Dead" no [[2009]]. A actual formación do grupo, composta por Only, Cadena e o batería Eric "Chupacabra" Arce, publicou o álbum ''[[The Devil's Rain]]'' en outubro do ano [[2011]].
103.099

edicións