Diferenzas entre revisións de «Minneapolis, Minnesota»

m
Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
m (Bot: Retiro 84 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q36091)
m (Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América)
|alcalde = Jerry Sanders ([[Partido Demócrata (Estados Unidos)|D]])
|sitio web = [http://www.minneapolismn.gov Páxina oficial]
}}'''Minneapolis''' é a maior cidade de [[Minnesota]] e o centro do Condado de Hennepin. Linda con [[Saint Paul, Minnesota|Saint Paul]], a capital e segunda maior cidade do estado. Xuntas forman o centro da área metropolitana das Cidades Xemelgas, a decimoquinta maior aglomeración urbana do país, cuns tres millóns de residentes. No censo de [[2000]], a cidade tiña unha poboación total de 382.618 habitantes, o que a convertía na cuadraxesimoséptima maior cidade dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]].
 
A cidade atópase na parte suroeste do estado e esténdese ao longo do río [[Mississippi]]. Tamén hai 24 lagos na cidade. Este feito levou a Charles Hoag, o primeiro mestre de escola de Minneapolis, a suxerir un nome derivado de ''minne'', a palabra dakota para auga, e ''polis'', a palabra grega para cidade. Outros nomes considerados no seu tempo foron Brooklyn e Albion. A cidade é coñecida tamén como a "Cidade de Lagos", unha expresión que aparece en moitos vehículos e propiedades municipais. O centro xeográfico da cidade está xusto nos 45 graos de latitude norte. Hai unha pedra na parte norte do Parque Wirth que ten unha placa que marca o lugar exacto por onde pasa o paralelo.
Minneapolis ten un típico [[clima continental]] propio do Alto Medio Oeste estadounidense. Os invernos adoitabn a ser fríos e secos, mentres que o verán é caloroso e húmido. A cidade situase na clasificación climática de Köppen na zona húmida continental con veráns cálidos (Dfa). Minneapolis experimenta varios tipos de precipitación e eventos relacionados co clima, incluíndo neve, auganeve, xeo, chuba, treboadas, tornados, vagas de calor e brétema. A temperatura máis alta rexistrada na cidade foi de 42 °C en xullo de [[1936]], mentres que a máis fría foi de −40,6 °C en xaneiro de [[1888]]. O inverno de 1983-84 foi o que máis niveis de neve rexistrou, con 250 centímetros de neve caída na ciudade.
 
Debido á súa situación norte nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e a falta de corpos de auga o suficientemente grandes para controlar o aire e as temperaturas, Minneapolis sofre, en ocasións, masas de aire do [[Ártico]], especialmente entre xaneiro e febreiro. A temperatura media anual de 7,4 °C fai da área metropolitana de Minneapolis–St. Paul a máis fría de todo o país continental.
 
== Nacidos en Minneapolis ==
103.099

edicións