McDonnell Douglas F-4 Phantom II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 44 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q151432
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 17:
}}
 
O '''McDonnell Douglas F-4 Phantom II''' é un cazabombardeiro supersónico bipraza de longo alcance producido para as forzas armadas dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] por McDonnell Douglas. Entrou en servizo en [[1960]] como o primeiro interceptor moderno embarcado para a [[USS Navy|Armada dos Estados Unidos]]. Demostrando unha gran capacidade de adpatación tamén foi adoptado polo [[Corpo de Marines]] e pola [[Forza Aérea dos Estados Unidos de América|Forza Aérea]], converténdose cara mediados dos anos 60 no principal avión das súas respectivas unidades aéreas.
 
O Phantom é un caza que pode acadar unha velocidade de [[Mach]] 2,2 e pode cargar 8.400 kg de armas en nove soportes externos, incluídos mísiles aire-aire e aire-terra e varios tipos de bombas. O F-4, ao igual que outros interceptadores da súa época, foi deseñado sen un canón interno, pero os últimos modelos incorporaron un canón rotatorio M61 Vulcan. A comezos de [[1959]] bateu 15 récodrs mundiais de comportamente en voo, incluídos un récord de velocidade absoluta e outro de altitude absoluta.
 
O F-4 foi usado extensamente durante a [[Guerra do Vietnam]], sendo o principal caza de superioridade aérea da Mariña e da Forza Aérea estadounidense, ademais de ser un importante avión de ataque ao chan e recoñecemento nas últimas etapas da guerra. O Phantom ten a distinción de ser o derradeiro caza dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] que conseguíu a categoría de as no [[século XX]]. Durante a Guerra do Vietnam a USAF tivo un piloto e dous operadores de armas que conseguiron derrubar cinco cazas inimigos, e a USAF tivo un piloto e un oficial de rádar que tamén o conseguiron, converténdose en ases no combate aéreo. O F-4 continuou sendo o principal caza estadounidense durante os anos 70 e 80, sendo aos poucos substituído por avións máis modernos como o [[McDonnell Douglas F-15 Eagle|F-15 Eagle]] e o [[General Dynamics F-16 Fighting Falcon|F-16 Fighting Falcon]] na Forza Aérea; o [[Grumman F-14 Tomcat]] e o [[McDonnell Douglas F/A-18 Hornet|F/A-18 Hornet]] na Mariña; e o F/A-18 no Corpo de Marines.
 
O F-4 Phantom II continuou en servizo nos Estados Unidos como avión de recoñecemento e "Wild Weasel" (supresión das defensas aéreas inimigas) na [[Guerra do Golfo]] de [[1991]], sendo finalmente retirado en [[1996]].
Liña 46:
A USAF recibíu Phantoms como resultado da presión do secretario de defensa Robert McNamara para crear un caza unificado para todas as ramas do exécito. En xaneiro de [[1962]] a USAF pedíu prestados dos F-4B navais e desenvolveu requerimentos para a súa propia versión. A diferencia que a Mariña, que se centrara na intercepción, a USAF emfatizou o seu rol de cazabombardeiro. Coas unificación de designacións de McNamara o [[18 de setembro]] de [[1962]], o Phantom coverteuse no F-4, designándose a versión naval F-4B e a da USAF F-4C. O primeiro exemplar para a Forza Aérea voou o [[27 de maio]] de [[1963]], pasando de Mach 2 no seu voo inaugural.
 
A produción do Phantom II nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] rematou en [[1979]], despois de que fosen fabricados 5.195 exemplares (5.057 por [[McDonnell Douglas]] e 138 en [[Xapón]] por [[Mitsubishi]]). Deles, 2.874 foron para a USAF, 1.264 para a Mariña e os Marines, e o resto para outros países. Os últimos avións construídos nos Estados Unidos foron marcados por [[Turquía]], mentres que os derradeiros F-4 fabricados rematáronse en [[1981]] como F-4EJ por Mitsubishi Heavy Industries. No ano [[2008]], 631 Phantoms aínda permanecían en servizo activo en todo o mundo, mentres que nos Estados Unido era usado unicamente como obxectivo non tripulado.
 
[[Categoría:Aeronaves de McDonnell Douglas]]