Max Mosley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 19 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q173246
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 11:
Pouco tempo despois, Mosley desapareceu por completo da [[Fórmula 1]] durante 3 anos, pero volveu en [[1986]] para ser presidente da Comisión de Construtores da FISA e establecer a comisión de admisión do equipo Simtek Research. Vendeu a súa parte de Simtek en [[1991]] cando foi elixido presidente da FIA, gañando a Jean Marie Balestre por 43 votos a 29. Dimitiu anos máis tarde, declarando que podería ser elixido máis polos seus méritos que polos erros do seu antecesor; a FIA inmediatamente reelixiunos por catro anos máis. Foi elixido por outro período en [[outubro de 1997]], un terceiro en [[2001]] e un cuarto en [[2005]].
 
Os afeccionados criticaron a Mosley por moitos dos seus cambios de regras e cargaron contra el por situacións como as ocorridas no Gran Premio dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] de 2005, no cal só 6 monoprazas saíron á pista. Os partidarios de Mosley sosteñen que todos os cambios de regulamento tiveron o apoio dos equipos que forman o Pacto da Concordia. En relación con Indianápolis, Mosley declarou que a FIA non tiña outra saída que lanzar a carreira con seis coches porque os equipos Michelin non buscarían ningunha solución alternativa, salvo unha chicane que non foi aprobada. Isto puxo a todo o mundo nun grave problema ante a lei en caso de accidente.
 
En [[xuño de 2004]] Mosley anunciou que deixaría o seu cargo en outubro dese ano. De todos os modos, en xullo do mesmo ano arrepentiuse da súa decisión despois de que o Senado da FIA lle pedira que seguira. O seu actual mandato conclúe en outubro de 2009, aínda que algúns rumores apuntan a que abandonará o cargo antes do fin do mesmo.