Diferenzas entre revisións de «Lingua oficial»

m
Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
m (Bot: Retiro 123 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q23492)
m (Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América)
 
== Características ==
Con todo moitos países que non teñen recoñecida lingua oficial si contan con linguas oficiais de feito, é o caso dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] que pese a non contar con lingua oficial ten o inglés como lingua habitual da administración, da xustiza ou da educación. Noutros países as linguas oficiais do estado e dos territorios poden diferir, é o caso de Bélxica que ten como linguas oficiais o alemán, francés e holandés para as institucións estatais pero non todas son oficiais en cada un dos territorios nos que se divide [[Bélxica]], ou o caso de Finlandia no que o finés e sueco son oficiais para as institucións estatais pero logo cada concello segundo o número de falantes ten dúas ou unha soa lingua oficial, constituíndo o arquipélago das [[Aland]] un caso especial con só o sueco como lingua oficial.
 
Só cerca de metade dos países do mundo teñen linguas oficiais. Algúns teñen só unha lingua oficial, caso de [[Portugal]], do [[Brasil]] e dos [[PALOP]]s, outros teñen máis dunha, casos de [[Timor-Leste]], país no que son oficiais o [[lingua portuguesa|portugués]] e o [[tetum]], ou, fora do espazo lusófono, de países como a [[Bélxica]], [[Suíza]], [[África do Sur]] ou [[Paraguai]], entre outros.
103.099

edicións