Diferenzas entre revisións de «Lingua napolitana»

m
Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
m (Unificando {{Referencias}} -> {{Listaref}})
m (Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América)
Os dialectos napolitanos distribúense na maior parte continental do sur de Italia, historicamente unido durante o [[Reino de Nápoles]] e o [[Reino das Dúas Sicilias]]. Os abondosos dialectos deste grupo lingüístico inclúen o ''napolitano'', ''irpino'', ''cilentano'', ''ascolano'', ''teramano'', ''abruzzese oriental adriatico'', ''abruzzese occidentale'', ''molisano'', ''dauno-appenninico'', ''garganico'', ''apulo-barese'', ''lucano'' e ''cosentino''.
 
Os dialectos son parte dun forte e variado [[continuo dialectal]], polo que os distintos dialectos no sur do [[Lazio]], [[Marche]], [[Abruzzo]], [[Molise]], [[Puglia]], Lucania e [[Calabria]] normalmente se poden recoñecer como grupos de dialectos rexionais. No Abruzzo oriental e Lazio os dialectos dan paso aos dialectos italianos centrais como o romanesco, ao sur na Calabria central e no sur de Puglia os dialectos dan paso á [[lingua siciliana]]. En gran parte debido á masiva inmigración do sur de Italia no [[século XX]], hai tamén o número de falantes na diáspora italiana nas súas comunidades de [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], [[Canadá]], [[Australia]], [[Brasil]], [[Arxentina]] e [[Venezuela]].
 
O napolitano ten tamén unha significante influencia no sotaque do castelán rioplatense, falado maioritariamente na rexión [[arxentina]] de [[Bos Aires]].<ref>[http://journals.cambridge.org/action/displayAbstract;jsessionid=43F6CF4CEB6223AA2ED40C7926999F70.tomcat1?fromPage=online&aid=236145 Convergence and intonation: historical evidence from Buenos Aires Spanish]</ref>
103.099

edicións