Lingua lituana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 117 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q9083
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 31:
Algúns lingüistas pensan que o lituano é a lingua que máis trazos conserva do antigo [[lingua protoindoeuropea|indoeuropeo]]. As linguas bálticas orientais afastáronse das occidentais entre os séculos [[século V|V]] e [[século VII|VII]]. A diferenciación entre o lituano e o [[lingua letoa|letón]] deuse a partir do [[século IX]]; entre estes dous existiron dialectos de transición ata, cando menos, o [[século XIV]] e, posibelmente, o [[século XVII|XVII]]. A ocupación da bacía do [[Daugava]] por parte da [[orde militar]] alemá dos [[Irmáns da Espada]] entre os séculos [[século XIII|XIII]] e [[século XIV|XIV]] (coincidindo co territorio da Lituania actual), contribuíu ao desenvolvemento autónomo desta linga.
 
O texto máis antigo existente é unha tradución de himnos de entre [[1503]] e [[1525]]. Publicáronse libros a partir de [[1547]], mais o nivel de [[alfabetización]] dos lituanos foi moi baixo até o [[século XVIII]] e non había moitos títulos. En [[1864]], após o [[Erguemento de Xaneiro]], [[Mikhail Nikolayevich Muravyov|Mikhail Muravyov]], Gobernador Xeral Ruso de Lituania, prohibiu a utilización do lituano na educación e na imprenta e mesmo prohibiu a utilización do [[alfabeto latino]]. Algúns libros continuaron a ser imprimidos en [[Prusia Oriental]] e os [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. Introducidos no país por [[Knygnešiai|traficantes de libros]], contribuíron a soster o sentimento nacionalista até que se levantou a prohibición en [[1904]]. [[Jonas Jablonskis]] ([[1860]]-[[1930]]) contribuíu moito á formación do padrón lingüístico lituano. As convñencións do lituano escrito foran evolucionando durante o [[século XIX]], mais Jablonskis, na introdución á súa ''Lietuviškos kalbos gramatika'' foi o primeiro en formular e expor os principios esenciais, baseados no dialecto alto-lituano occidental. O lituano foi a lingua oficial de Lituania desde [[1918]]. Durante a ocupación [[Unión Soviética|soviética]] utilizouse oficialmente xunto co [[lingua rusa|ruso]], a cal, ao ser a lingua oficial da Unión Soviética, tiña primacía sobre o lituano.
 
== Clasificación ==