Leonard Bernstein: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 47 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q152505
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 8:
| alias =
| naceu = [[25 de agosto]] de [[1918]]
| orixe = [[Lawrence]], [[Massachusetts]], [[Estados Unidos de América|EUA]]
| morreu = [[14 de outubro]] de [[1990]]
| ocupación = [[Compositor]], [[pianista]] e [[director de orquestra]]
Liña 20:
}}
 
'''Leonard Bernstein''', nado en [[Lawrence]] ([[Massachusetts]]) o [[25 de agosto]] de [[1918]] e finado en [[New York]] o [[14 de outubro]] de [[1990]], foi un compositor, pianista e director de orquestra estadounidense. Foi o primeiro director de orquestra nacido nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] que obtivo fama mundial. É coñecido por dirixir a Orquestra Filharmónica de Nova York, os seus ''Concertos para mozos'' na televisión dos 60 e as súas múltiples composicións, entre elas ''West Side Story'' ([[1961]]), ''Candide'' e ''On the town'' ([[1949]]).
 
== Traxectoria ==
Liña 35:
 
=== Carreira ===
Foi moi coñecido como [[director de orquestra]], [[compositor]] (sen parentesco algún co compositor de [[bandas sonoras]] [[Elmer Bernstein]]), pianista e educador. Foi probablemente o director de orquestra máis famoso nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] durante moitos anos, debido á súa longa permanencia como director titular da [[Orquestra Filharmónica de Nova York]], desde [[1944]]. Dirixiu moitas outras orquestras das máis destacadas do mundo. Compuxo tres [[sinfonía]]s, dúas [[ópera]]s, unha misa, cinco [[musical|musicais]] (entre os que destaca pola súa popularidade "[[West Side Story]]"), e moitas outras pezas. Seguiu diversos estilos: atonalidade, [[dodecafonismo]], [[jazz]].
 
[[Ficheiro:Leonard Bernstein NYWTS 1945.jpg|miniatura|esquerda|Bernstein dirixindo (1945).]]
Liña 43:
Foi nomeado director substituto da Orquestra Filharmónica de Nova York. Pouco despois, o [[14 de novembro]] de [[1943]], fixo o seu debut cando [[Bruno Walter]] enfermou. Tivo un éxito inmediato e fíxose famoso posto que o concerto retransmitiuse a todo o país. O solista ese día histórico foi [[Joseph Schuster]], [[violoncellista]], que interpretou ''[[Don Quixote]]'' de [[Richard Strauss]]. Como Bernstein non dirixira nunca esta obra, Bruno Walter ensaiou con el antes do concerto.
 
Logo da [[Segunda Guerra Mundial]], a carreira de Bernstein empezou a desenvolverse internacionalmente. En [[1949]] dirixiu a estrea mundial da sinfonía [[Sinfonía Turangalila]] de [[Olivier Messiaen]]. Logo da morte de Serge Koussevitsky en 1951, Bernstein asumiu durante moitos anos a xefatura dos departamentos orquestral e de dirección de Tanglewood. Foi nomeado Director titular da Filharmónica de Nova York desde [[1958]] ata [[1969]]. Ata [[1990]] foi nomeado director laureado, dirixindo a orquestra ata cinco días antes da súa morte. Converteuse nunha figura moi coñecida nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] por unha serie de cincuenta e tres programas titulado Concertos para Mozos, que se televisaron a través da [[CBS]], na que comentaba as obras que despois interpretaba. Algunhas das súas leccións musicais divulgáronse en disco, xunto a outras gravacións premiadas cos [[Grammy]]. Ata hoxe, estes Concertos para Mozos mantense como o programa de música clásica que máis durou nunha televisión comercial: emitíronse desde [[1958]] ata [[1972]]. Máis de trinta anos despois, repuxéronse 25 destes programas na canle de cable Trio e comercializáronse en [[DVD]].
 
En [[1947]] dirixiu en [[Tel Aviv]] por primeira vez, iniciando unha longa asociación con [[Israel]]. En [[1957]], dirixiu o concerto inaugural do Auditorium Mann en Tel Aviv; alí fixo moitas gravacións. En [[1967]] dirixiu un concerto no [[Monte Scopus]] para conmemorar a reunificación de [[Xerusalén]].