Krist Novoselic: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m *voltar -> volver
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 22:
== Traxectoria ==
=== Primeiros anos ===
A súa familia estaba composta por Paulo e Misha Novoselic e o seu irmán Robert. Krist é un [[croacia|croata]]-[[Estados Unidos de América - United States of America|estadounidense]] nado en [[Compton, California]]. El viviu alí durante un ano antes de que a familia se mudase a [[San Pedro, California]], onde estivo gran parte da súa infancia. En [[1979]] a familia Novoselic mudouse novamente, desta vez a [[Aberdeen, Washington]]. En [[1980]], Novoselic asistiu a ximnasia en [[Zadar]] (Croacia) durante un ano, cando o país era parte de [[Iugoslavia]]. Alí, el tamén comezou a amosar interese pola música [[punk]]. Ao entrar en contacto con bandas como os [[Sex Pistols]], [[The Ramones]], así como varias bandas locais. De volta a casa, Novoselic graduouse na secundaria en [[1983]].
 
Un día, Robert, o irmán máis novo de Krist, chegou a casa co seu amigo [[Kurt Cobain]] e este escoitou música da parte de arriba da casa. Robert díxolle a Cobain que era o seu irmán máis vello que escoitaba [[punk rock]]. Cobain fíxose amigo de Novoselic e os dous descubriron ter gustos musicais semellantes, incluíndo a admiración pola banda local [[The Melvins]]. Tempo despois Cobain deulle unha cinta demo da súa banda [[Fecal Matter]]. Após varios meses de indecisión, Novoselic finalmente accedeu a formar unha banda con [[Kurt Cobain]].