Juan Antonio Samaranch: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 46 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q171166
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 4:
Naceu no seo dunha familia acomodada. Na mocidade practicou diversos deportes coma o [[boxeo]], a [[hípica]], a [[vela (deporte)|vela]], o [[Esquí (deporte)|esquí]], o [[golf]] e particularmente o [[hóckey a patíns]], do que foi adestrador da selección española.
 
Estudou empresariais no Institut d'Estudis Superiors de l'Empresa e da Escola d'Alts Estudis Mercantils de Barcelona e logo perfeccionou os seus estudos en [[Inglaterra]] e os [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. Afiliado á [[Falange Española Tradicionalista y de las JONS]] dende moi novo, iniciou a súa carreira política no concello barcelonés co cargo de concelleiro de Deportes no ano [[1955]], cargo que ocupa ata [[1962]]. Foi xornalista deportivo, presidente da [[Federación Española de Patinaxe]] e xefe da delegación española en varios Xogos Olímpicos. Entre [[1955]] e [[1962]] foi concelleiro de deportes no concello de [[Barcelona]], e organizou nesa cidades os II Xogos do Mediterraneo. En [[1964]] pasou a ser [[procurador en Cortes]], posto que mantivo ata [[1977]] e que simultaneou dende [[1967]] co de delegado nacional de Deportes e presidente do [[Comité Olímpico Español]], e dende [[1973]] co de presidente da [[Deputación de Barcelona]]. Na transición fundou o partido [[Pacte de Concordia Catalana]], que nunca chegou a presentarse a unhas eleccións, e en [[1977]] deixa o [[Congreso dos Deputados]] e marcha como embaixador de [[España]] na [[Unión Soviética]] e [[Mongolia]].
 
Anteriormente, en [[1974]], fora nomeado vicepresidente do [[Comité Olímpico Internacional]], posto que ocupou ata [[1978]]. A embaixada na URSS proporcionoulle contactos e relacións nos países de [[Europa do Leste]], necesarios para chegar en [[1980]] ao posto de presidente do COI.