Joan Clos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 17:
 
== Traxectoria ==
Graduado na primeira promoción da [[Universidade Autónoma de Barcelona]], Joan Clos cursou os seus estudos no [[Hospital de Sant Pau]] de [[Barcelona]]. Traballa no Centro de Análise e Programas Sanitarios (CAPS) unha vez licenciado en [[Medicina]]. Tras varios anos de exercicio profesional como anestesista, cambia radicalmente a súa traxectoria profesional e se orienta cara á epidemioloxía, a medicina comunitaria e a xestión de recursos sanitarios. Cursa estudos de especialización na [[Universidade de Barcelona]] e en [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e en [[1977]] estuda Saúde Pública e Epidemioloxía na [[Universidade de Edimburgo]]. Entre os anos [[1981]] e [[1991]] fuoi presidente da [[Sociedade Española de Epidemioloxía]] e da [[Sociedade Española de Saúde Pública e Administración Sanitaria]].
 
En [[1979]] integrouse no goberno municipal de [[Barcelona]] como director dos Servizos Sanitarios. En [[1983]] resultou elixido concelleiro deo [[Concello de Barcelona]] pola lista do [[PSC]]. Foi responsable da Área de Saúde Pública. En [[1987]] foi nomeado Concelleiro do distrito de [[Ciutat Vella]]. Catro anos despois, en [[1991]], foi nomeado segundo tenente de alcalde, con responsabilidade directa sobre o ámbito de Organización, Economía e Facenda.