Jean Monnet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 32 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q159700
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 3:
 
== Vida e obra ==
Jean Monnet, procedente dunha familia de comerciantes en Cognac, principiou a súa carreira dentro da empresa familiar. Con apenas 17 anos, recibiu o encargo paterno de abrir mercados internacionais para a produción da adega que a súa familia posuía en Cognac. Con 18 foise a [[Londres]] e desde alí viaxou a [[Escandinavia]], [[Rusia]], [[Canadá]], [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e [[Exipto]] por mor dos negocios familiares. Esta experiencia contribuíu a ampliar a súa visión do mundo, e a asentar os alicerces dun futuro dedicado ao proxecto da Europa unida.
 
Durante a [[Primeira Guerra Mundial]] propúxolle ao presidente do consello a coordenación dos recursos económicos dos aliados e colaborou na organización e coordenación do transporte marítimo das potencias aliadas. Durante o período de entreguerras foi Secretario Xeral adxunto da [[Sociedade de Nacións]] ([[1919]]-23) e dirixiu negocios importantes en Estados Unidos e outros países. En [[San Francisco]] paticipou na creación dun banco de inversión, que se viu afectado pola [[Gran Depresión]], feito ao que se referiu nas súas memorias: "''Os homes só aceptan o cambio resignados pola necesidade e só ven a necesidade durante as crises"''. Tamén traballou en [[Xangai]] para o goberno nacionalista de [[Chiang Kai Chek]].