Jean-Bertrand Aristide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 30 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q209617
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 14:
O exercicio da presidencia de Aristide foi un bo exemplo da interferencia do goberno [[Estados Unidos de América|estadounidense]] nos asuntos internos haitianos. Eles mesmos restituíron a Aristide tras o seu derrocamento en 1991 polo golpe de estado perpetrado polo xeneral [[Raúl Cédras]], que establecera unha férrea ditadura militar, e despois do boicot a este réxime pola comunidade internacional, véndose innecesario soster unha ditadura ultradereitista cando acababa de caer o comunismo e a guerra fría. Aristide retomou o poder en 1994, despois de culminar o seu período presidencial a pesar dos tres anos de ausencia.
 
Na súa terceira presidencia de 2001 a 2004 (segunda constitucionalmente falando), realizou un xiro cara unha política de esquerdas (co restablecemento das relacións diplomáticas con [[Cuba]] e achegamento á [[Venezuela]] de [[Hugo Chávez]]) o que lle produciu a antipatía de [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e algúns sectores do país apoiados polo secretario para asuntos latinoamericanos Otto Reich. Esta elección foi severamente criticada por sectores opositores e por algúns que antes lle eran próximos.
 
O 29 de febreiro de [[2004]] Aristide foi derrocado e trasladado a [[Sudáfrica]]. Facendo ver como que o Presidente Aristide renunciara, o seu cargo como presidente tómao [[Boniface Alexandre]]. Este solicitou ás [[Nacións Unidas]] a súa intervención co envío dunha [[Forza Multinacional Provisional]] (FMP) integrada nun primeiro momento por efectivos de [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], [[Francia]], [[Canadá]] e [[Chile]], co fin de evitar unha masacre nacional, motivada polo descontrol e violencia imperantes. O 30 de abril, ao cumprirse o límite do seu mandato, esta forza sería substituída pola Misión de Nacións Unidas para a Estabilización de Haití (Minustah), e que actualmente segue no lugar.
 
Sobre a saída de Aristide existe gran controversia. Os seus partidarios e tamén -en xeral- os sectores vinculados á esquerda, cualifican os acontecementos do 29 de febreiro de 2004 como un secuestro perpetrado polas grandes potencias imperialistas, en contubernio coa dereita haitiana e os ex militares. Desta maneira, Aristide sería obrigado a abandonar o seu cargo e levado á forza fóra do país. Outras fontes indican que a saída de Aristide foi unha consecuencia inevitable do seu errático proceder, a partir do seu segundo mandato presidencial. Neste caso acúase a Aristide de ter levado adiante un goberno autoritario, personalista e sen disposición para dialogar coa oposición, que cada vez se fixo máis numerosa. A isto engadiríaselle a súa responsabilidade de ter armado e financiado bandas das barriadas populares (chiméres) e ter utilizado politicamente a Policía Nacional de Haití para reprimir a oposición.