Heavy metal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 86:
Tamén debe mencionarse aquí o tema ''21st Century Schizoid Man'' do álbum de debut [[In the Court of the Crimson King]] ([[1969]]) do grupo de [[rock progresivo]] [[King Crimson]]. Nel aparecen moitas das características de temática, compositivas e musicais do heavy metal: tono de guitarra fortemente distorsionado, solos discordantes, letras enfocadas ó problema do devir da humanidade no século XXI e incluso o filtrado de vocais a traverso dun equipo de distorsión.
 
Os primeiros grupos de heavy metal ([[Led Zeppelin]], [[Deep Purple]], [[Uriah Heep]], [[UFO]] e [[Black Sabbath]], entre outros) son denominados a miúdo como grupos de [[Hard Rock]] pola moderna comunidade de heavy metal. Durante os anos 70, en xeral, as etiquetas ''hard rock'' e ''heavy metal'' son con frecuencia intercambiables. A maiores, moitas bandas que poderían non ser consideradas como grupos de heavy metal ''per se'' contribuíron con traballos ou incluso cancións individuais ó xénero. Por exemplo, [[Jethro Tull]] non é un grupo de heavy metal nun senso real, máismais poucos dubidan que a súa canción ''Aqualung'' sexa a quintaesencia da canción heavy metal.
 
===Os inicios===