Italo Calvino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 46 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q154756
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 16:
En [[1953]] deixou de socato o Partido comunista, do que se afastou aínda máis despois da invasión de [[Hungría]] polas tropas soviéticas. Comezou a publicar artigos nas revistas '' Passato e Presente'' e ''Italia Doman''i. Foi editor con Vittorini de ''Il Menabò di letteratura''.
 
Malia as restricións impostas os estranxeiros de ideoloxía comunista, visitou, invitado pola ''Ford Foundation'', os [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] onde estivo seis meses, catro deles en [[Nova York]] . Alí coñeceu a Esther Judith Singer coa que casou en [[1964]] n'[[A Habana]], nunha viaxe na que se entrevistou con [[Che Guevara|Ernesto "Che" Guevara]]. O ano seguinte tivo unha filla. De volta en Italia comezou a publicar os ''Cosmicomiche'' na revista literaria ''Il caffè''.
 
A morte de Vittorini's o ano [[1966]] causou en Calvino o que foi definido coma "depresión intelectual", que o escritor consideraba unha época fundamental da súa vida.: "...Acabei de ser novo. Se cadra é un proceso metabólico, algo que pasa coa idade. Fun novo moito tempo, tempo de máis, se cadra, de repente sentín que comezaba a miña vellez., si, a vellez, se cadra coa esperanza de facela durar empezándoa cedo". Entón empezou a frecuentar [[París]] onde o alcumaron ''O irónico divertido'', e onde se uniu a grupos culturais como ''Oulipo'', acrónimo de ''Ouvroir de littérature potentielle'' (taller de literatura potencial) e coñeceu a [[Roland Barthes]] e [[Claude Lévi-Strauss]], dentro da atmosfera que deu lugar ó [[maio de 1968]]. Nesta época foi atraído pola obra de [[Raymond Queneau]], que influíu nos seus traballos posteriores.