'''Isiah Lord Thomas III''', nado o [[30 de abril]] de [[1961]] en [[Chicago]], [[Illinois]], foi un xogador de [[baloncesto]] [[Estados Unidos de América - United States of America|estadounidense]] que destacou profesionalmente na década dos [[1980|80]] e a principios dos [[1990|90]]. Desenvolveu toda a súa carreira nos [[Detroit Pistons]] até a súa retirada en [[1994]]. Até a tempada [[2007]]-[[2008]], desempeñouse como presidente de operacións e adestrador dos [[New York Knicks]], mais os seus problemas cos xogadores e os pésimos resultados deportivos motivaron a súa saída. Coñecéuselle popularmente tamén como "Zeke" ou "The Baby-faced Assassin" (''o asasino con cara de neno''), ou "Pocket Magic", entre outros alcumes.