Iraq: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
m elimino a Categoría:Países de Asia mediante HotCat
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 55:
Seguiu un longo período baixo as novas dinastías persas ([[Arsácidas]] e [[Sasánidas]]) ata que os árabes musulmáns invadiron a rexión no ano [[700]]. [[Bagdad]] foi a capital dos califas Abasís. Despois do saqueo de Bagdad polos mongois en [[1258]], turcos e iranianos disputáronse a supremacía na rexión, ata que finalmente o [[Imperio Otomán]] tomou o control no século [[XVII]].
 
En outubro de [[2002]] un referendo ratificou a permanencia do ditador [[Saddam Hussein]] á fronte do estado durante 7 anos máis. Durante ese ano o presidente estadounidense [[George W. Bush]] insistía en que Iraq posuía armas de destrución masiva, e que debía destruílas tal e como estaba acordado nas diversas resolucións da [[ONU]] acordadas despois da [[Guerra do Golfo]] de [[1991]]. Iraq aceptou cumprir unha nova resolución da ONU que acordaba o envío de inspectores da ONU a Iraq para verificar o armamento que tiña. A comezos de [[2003]] os [[Estados Unidos de América|EUA]] tornaron a acusar ó réxime de Saddam de estar incumprindo a nova resolución e de estar ocultando armas químicas e biolóxicas ós inspectores.
 
[[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] foi acumulando forzas militares nos arredores de Iraq, e o [[19 de marzo]] de [[2003]] apoiado por diversos países comezou outra guerra do golfo que durou sobre unhas dúas semanas.
 
Hoxe en día, o país vive nunha inseguridade permanente por mor dos ataques dos insurxentes. As vítimas militares estadounidenses superan as 2.000 e as vítimas civís iraquís poden superar o 30 mil.