Diferenzas entre revisións de «Idade Contemporánea»

m
Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
m (Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América)
No [[século XX]] este equilibrio inestable foise descompondo, en ocasións mediante violentos cataclismos (comezando polos terribles anos da [[Primeira Guerra Mundial]], 1914-1918), e noutros planos mediante cambios paulatinos (por exemplo, a promoción económica, social e política da muller). Por unha banda, nos países máis desenvolvidos, o xurdimento dunha poderosa [[clase media]], en boa parte grazas ao desenvolvemento do [[estado do benestar]] ou [[estado social]] (enténdase este como concesión pactista ao desafío das expresións máis radicais do [[movemento obreiro]], ou como convicción propia do [[reformismo]] social) tendeu a encher o abismo predito por [[Karl Marx|Marx]] e que debería levar ao inevitable enfrontamento entre a burguesía e o proletariado. Pola outra, o capitalismo foi duramente combatido, aínda que con éxito bastante limitado, polos seus ''inimigos de clase'', enfrontados entre si: o [[anarquismo]] e o [[marxismo]] (dividido á súa vez entre o [[comunismo]] e a [[socialdemocracia]]). No campo da ciencia económica, os orzamentos do [[liberalismo clásico]] foron superados ([[economía neoclásica]], [[keynesianismo]] -incentivos ao consumo e investimentos públicos para facer fronte á incapacidade do mercado libre para responder á [[crise de 1929]]- ou [[teoría de xogos]] -estratexias de cooperación fronte ao individualismo da ''[[man invisible]]''-). A [[democracia liberal]] foi sometida durante o [[período de entreguerras]] ao dobre desafío dos [[totalitarismo]]s [[Revolución rusa de 1917|soviético]] e [[Fascismo|fascista]] (sobre todo polo expansionismo da [[Alemaña nazi]], que levou á [[Segunda Guerra Mundial]]).<ref>A condición totalitaria do sistema soviético e dos fascismos (italiano, alemán e outros) é un dos temas máis debatidos da [[historiografía]] e a [[Ciencia política|teoría política]] contemporánea, desde o nacemento dese termo (aplicado polos propios fascistas a si mesmos e estendido por analistas contemporáneos, como [[Hannah Arendt]] ou posteriores como [[Juan José Linz]]). [[Eric Hobsbawm]] defende a interpretación histórica de que a intervención soviética na Segunda Guerra Mundial foi decisiva para a supervivencia da democracia liberal no denominado ''[[mundo libre]]''; así como, no período posterior, a emulación competitiva entre o bloque soviético e o occidental (que sempre foi dominante) foi decisiva para a propia auto-definición dos valores ideolóxicos, as estruturas políticas e condicións socio-económicas deste, e da súa imposición global (''Historia do século XX'', ''op. cit.'')</ref>
 
En canto aos estados nacionais, tras a ''[[Revolucións de 1848|primavera dos pobos]]'' (denominación que se deu á revolución de 1848) e o período presidido pola [[Unificación Alemá|unificación alemá]] e [[unificación italiana|italiana]] (1848-1871), pasaron a ser o actor predominante nas [[relacións internacionais]], nun proceso que se xeneralizou coa caída dos grandes [[imperio]]s multinacionais ([[imperio español|español]] desde 1808 ata 1898; [[imperio ruso|ruso]], [[Imperio Austrohúngaro|austrohúngaro]] e [[Imperio otomán|turco]] en 1918, tras o seu afundimento na Primeira Guerra Mundial) e a dos [[Imperialismo|imperios coloniais]] ([[imperio británico|británico]], [[imperio colonial francés|francés]], [[Imperio colonial neerlandés|holandés]], [[imperio colonial belga|belga]] tras a Segunda). Aínda que numerosas nacións accederon á [[independencia]] durante os séculos XIX e XX, non sempre resultaron viables, e moitas sumíronse en terribles conflitos civís, relixiosos ou tribais, ás veces provocados pola arbitraria fixación das fronteiras, que reproduciron as dos anteriores imperios coloniais. En calquera caso, os estados nacionais, logo da [[Segunda Guerra Mundial]], deviñeron en actores cada vez menos relevantes no mapa político, substituídos pola [[política de bloques]] encabezados polos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e a [[Unión Soviética]]. A integración supranacional de Europa ([[Unión Europea]]) non se reproduciu con éxito noutras zonas do mundo, mentres que as [[organizacións internacionais]], especialmente a [[ONU]], dependen para o seu funcionamento da pouco constante vontade dos seus compoñentes.
 
A desaparición do bloque comunista deu paso ao mundo actual do [[século XXI]], en que as forzas reitoras tradicionais presencian o dobre desafío que supón tanto a tendencia á [[globalización]] como o xurdimento ou rexudimento de todo tipo de identidades,<ref>O concepto ''identidade'', de múltiple significado, é un dos máis fecundos en todo tipo de ciencias, incluídas as ciencias sociais .
103.029

edicións