Historia da Unión Soviética: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m *voltar -> volver |
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América |
||
Liña 59:
A canonización oficial das teorías de Lysenko simbolizou a presenza de certo [[dogma]]tismo cultural, pero non se repetiron as depuracións dos [[anos 1930]].
O cuarto e o quinto Plan Quinquenal seguiron dando prioridade á industria pesada e ás grandes obras de infraestrutura. O [[desenvolvemento económico]] permitiu á URSS converterse nunha potencia nuclear ([[25 de setembro]] de [[1949]]), o que rematou co monopolio nuclear [[Estados Unidos de América
Trala morte de Stalin ([[5 de marzo]] de [[1953]]), unha reorganización inmediata do Partido e do Goberno permitiu a reprobación dos abusos autoritarios e a eliminación dos persoeiros máis comprometidos co «culto á personalidade». Beria foi fusilado. Entrementres anunciouse no [[Soviet Supremo]] un aumento na produción de bens de consumo e baixou a tensión internacional co armisticio da [[Guerra de Corea]] (xullo de 1953).
Liña 90:
No interior, aos desaxustes provocados pola nova orientación económica e á esclerose do aparato [[burocracia|burocrático]] dirixente veu a unirse a oposición de núcleos intelectuais. Os límites do «liberalismo» postestalinista, evidenciados polo arresto dos escritores Daniel e Siniavski ([[1965]]), volveron a manifestarse coa expulsión do [[Premio Nobel de Literatura]] 1970 [[Aleksandr Isaevich Solzhenitsyn]], da Unión de Escritores Soviéticos (novembro de 1969). Nos anos posteriores, unha vez encauzada a crise interna do campo socialista tralas substitucións de Gomulka por Gierek en [[Polonia]], e de [[Walter Ulbricht]] por Honecker na [[República Democrática Alemá]], a política soviética caracterizouse por unha ofensiva diplomática, apoiada na ''Ostpolitik'' de [[Willy Brandt]] na [[República Federal Alemá]], cuxo principal obxectivo era a futura convocatoria dunha Conferencia Europea de Seguridade. No [[Medio Oriente]] continuou a penetración soviética nos países árabes: acordo militar e político de 15 anos de duración con [[Exipto]] (maio de [[1971]]), acordos comerciais con [[Siria]] (febreiro de [[1972]]), [[Libia]] (marzo de 1972) e [[Iraq]] (abril de 1972). Só a retirada do embaixador de [[Sudán]] na URSS (agosto de [[1971]]), e principalmente a expulsión dos conselleiros militares soviéticos en Exipto (xullo de 1972) puxeron en perigo a influencia da Unión Soviética nesta zona.
A URSS apoiou ó [[Vietcong]] e a [[Vietnam do Norte]], pero continuou a súa política de coexistencia e entendemento con [[Estados Unidos de América
En outubro de [[1977]] foi promulgada e entrou en vigor unha nova Constitución, na cal se daba por realizada e superada a etapa da «ditadura do proletariado» na URSS e reafirmouse o papel dirixente máximo do PCUS na sociedade soviética. En outubro de [[1980]] [[Kosygin]] dimitiu e [[Tijonov]] converteuse no novo primeiro ministro da URSS. A [[invasión soviética de Afganistán|intervención soviética en Afganistán]] (decembro de [[1979]]) provocou o desenvolvemento dunha nova etapa de tensión na Guerra Fría entre as dúas superpotencias, que se agudizou coa instalación de novas bases de [[mísil]]es en [[Europa]]. No interior, a URSS recrudeceu a súa represión contra os disidentes e afrontou unha grave crise económica durante 1980.
Liña 101:
Á morte de Andropov ([[9 de febreiro]] de [[1984]]) sucedeulle [[Konstantin Chernenko]], continuador da política de Brezhnev, de quen foi o seu «delfín». Durante o seu goberno, que tamén foi breve, operouse unha volta ó burocratismo paralizante e recrudeceuse o [[antisemitismo]] e a represión contra os intelectuais disidentes.
No exterior, o [[Kremlin]] opúxose á participación soviética nos [[Xogos Olímpicos dos Ánxeles 1984]], á visita de [[Honecker]] á [[República Federal Alemá]], a negociar con [[Washington DC|Washington]] e a toda posibilidade de compromiso no conflito de [[Afganistán]]. Esta [[illamento|política de illamento]] experimentou un xiro trala visita do ministro de Relacións Exteriores soviético, [[Andrei Gromyko]], a [[Estados Unidos de América
Xa enfermo antes de suceder a Andropov, Chernenko morreu o [[11 de marzo]] de 1985.
|