Historia da China: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 144:
A mediados do [[século XVIII]] , os manchús consolidaron o seu control sobre o territorio antes pertencente aos mings e ampliaron ademais a súa esfera de influencia para incluir a [[Xinjiang]], ao [[Tibet]] e á [[Mongolia]].
 
O [[século XIX]] testemuñou un debilitamento do goberno qing, en medio de grandes conflitos sociais, estancamento económico e influencia de [[mundo Occidental|occidentais]]. O interese [[Reino Unido|británico]] en continuar o comercio de [[opio]] levou a numerosos conflitos con occidente, o que conlevou á [[Primeira Guerra do Opio]], en [[1840]]. O [[Reino Unido]] e outras potencias occidentais, inclusive os [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], ocuparon "concesións" á forza e gañaron privilexos comerciais. [[Hong Kong]] foi cedida aos británicos en [[1842]] polo [[Tratado de Nanquim]]. Tamén ocorreran naquel século a [[Rebelión Taiping]] ([[1851]]-[[1864]]). En moitos aspectos, as rebelións e os [[tratado]]s que os qings se viran forzados a asinar coas potencias [[imperialismo|imperialistas]] son sintomáticos da incapacidade do goberno chinés de rexir adecuadamente os desafíos aos que se enfrontaba a China no século XIX.
 
== O declinio da monarquía ==
Liña 155:
Nos anos 1860, a Dinastía Qing logrou sofocar revoltas, cun enorme custo e perda de vidas. Isto minou a credibilidade do réxime qing e contribuiu á proliferación de señores da guerra locais. O Emperador [[Guangxu]] procurou lidiar coa necessidade de modernizar o país por medio do Movemento de Auto-Fortalecemento. Entretanto, a partir de [[1898]], a Emperatriz rexente [[Cixi]] mantivo a Guangxu preso baixo o argumento de "deficiencia mental", tras un [[golpe militar]] ordenado por ela e co apoio da parte conservadora, contraria ás reformas. Guangxu faleceu un día antes ca emperatriz rexente (segundo algúns, por ela envenenado). Os "novos exércitos" qings (adestrados e equipados conforme o modelo occidental) foron fragorosamente derrotados na [[Guerra Sino-Francesa]] ([[1883]]-[[1885]]) e na [[Guerra Sino-Xaponesa]] ([[1894]]-[[1895]]).
 
No inicio do [[século XX]], o Levante dos Boxers, un movemento conservador anti-[[imperialismo|imperialista]] que pretendía facer regresar ao país a un estilo de vida tradicional, ameazou ao norte da China. A emperatriz rexente, probábelmente co feito de garantir o seu control sobre o goberno, apoiou aos boxers cando estes avanzaron sobre [[Pekin]]. Como reacción, a chamada Alianza dos Oito Estados invadiu a China. Composta por tropas [[reino Unido|británicas]], [[Xapón|xaponesas]], [[Rusia|rusas]], [[Italia|italianas]], [[Alemaña|alemanas]], [[Francia|francesas]], [[Estados Unidos de América|norte-americanas]] e [[Austria-Hungria|austro-húngaras]], a alianza derrotou aos boxers e esixiu máis concesións do goberno qing.
 
== República da China ==
Liña 163:
O [[10 de outubro]] de [[1911]] produciuse o [[Levantamiento de Wuchang]], rebelión contra a dinastía Qing na actual cidade de [[Wuhan]], que provoca a [[Revolución de Xinhai]], que acabará co derrocamento definitivo do último emperador Qing, [[Puyi]], no ano [[1912]].
 
O líder revolucionario chino [[Sun Yat-sen]], ao ter noticia do levantamento de Wuchang, volve á China dende os [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. Aínda que Sun chega a ser nomeado Presidente da República de China, o país atópase dividido, dominado por dirixentes locais, e chega a un acordo co destacado militar [[Yuan Shikai]], que controlaba os restos do exército Qing no norte, para que este fora presidente.
 
A ambición de [[Yuan Shikai]], que chegaría a autoproclamarse emperador en [[1915]], fai crecer a oposición a este. China atópase aínda dividida, e Sun Yat-sen volve do exilio para instalarse en Guangzhou, dende onde dirixe o [[Kuomintang]], o partido político que el fundara. En Guangzhou, Sun Yat-sen funda a [[Academia Militar de Whampoa]], na que formarase o exército que, baixo o mando de [[Chiang Kai Chek]], sucesor de Sun Yat-sen á fronte do Kuomintang, conseguirá conquistar grande parte da China e establecer en [[Nanjing]] a capital da República da China, cumplindo a ambición de Sun Yat-sen.