Guerra dos Seis Días: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 62 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q49077
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 8:
 
==Orixe==
A [[Crise de Suez|guerra de Suez]] de [[1956]] fora unha derrota militar pero unha vitoria política para Exipto. As advertencias de sancións por parte dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], así como as ameazas soviéticas de lanzamento de mísiles, forzaron a evacuación franco-británica do [[Canal de Suez]].
 
O Primeiro Ministro de Israel, [[David Ben-Gurion]], aceptou á retirada da [[península do Sinaí]] e da [[Faixa de Gaza]], pero mantívose firme no referente ás garantías de libre paso a través dos Estreitos de Tirán (que Exipto tiña pechados para bloquear o porto da cidade israelí de Eilat) e á protección contra os ataques fronteirizos. Ademais, declarou que o Armisticio que seguiu á Primeira Guerra Árabe-Israelí ([[1948]]-[[1949]]) carecía de validez.