Guerra de Bosnia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 43 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q181533
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 125:
En 1994, a [[OTAN]] decide participar activamente cando, o 28 de febreiro, os seus avións [[F-16]] derribaron catro avións serbios en Bosnia central (incidente de [[Banja Luka]]), que violaran a zona de prohibición de voos da ONU.
A guerra bosnio-croata terminou oficialmente o [[23 de febreiro]] de [[1994]], cando o comandante do [[HVO]], xeneral Ante Roso e o comandante do Exército bosnio, xeneral Rasim Delić, asinaron un acordo de alto ao fogo en [[Zagreb]]. En marzo de 1994 un acordo de paz mediado polos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] entre os belixerantes croatas (representados pola [[República de Croacia]]) e a [[República de Bosnia-Herzegovina]] asinouse en Washington e Viena (coñecido como [[Acordo de Washington]]). En virtude do acordo, o conxunto dos territorios controlados polos croatas de Bosnia e as forzas do Goberno foi dividida en dez cantóns autónomos, establecidos na [[Federación de Bosnia-Herzegovina]]. Isto puxo fin á guerra entre croatas e bosnios, e reduciu as partes belixerantes a dúas.
[[Ficheiro:Evstafiev-sarajevo-building-burns.jpg|esquerda|miniatura|200px|Edificio do parlamento bosnio en chamas. (Foto de Mikhail Evstafiev).]]