Glam rock: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 19:
O glam rock xurdiu das escenas inglesas do [[rock psicodélico]] e o [[and art]] de finais dos anos 60 e pode verse como unha extensión desas tendencias. Musicalmente era moi diverso, variando entre o rock sinxelo e o revivalismo de figuras como Alvin Stardust ata a complexidade do [[art rock]] de [[Roxy Music]], e pode ser visto tanto como unha moda como un sub-xénero musical. Visualmente era unha mestura de varios estilos, indo do glamour de [[Hollywood]] dos anos 30, pasando polo [[sex appeal]] ''pin-up'' dos 50, a teatralidade do [[cabaret]] de pre-guerra, o estilo e a literatura victoriana, e a ciencia-ficción, ata o misticismo e a mitoloxía; manifestándose en roupas extravagantes, maquillaxe, peiteados e botas con plataformas. O glam destaca pola súa ambiguedade sexual e de xénero e as representacións da [[androxinia]], xunto a un amplo uso do teatro.
[[Ficheiro:David-Bowie Early.jpg|esquerda|miniatura|225px|[[David Bowie]] a principios dos anos 70]]
As orixes do glam rock están asociadas con [[Marc Bolan]], que renoumeou ao seu dúo como [[T. Rex]] e fixéronse con instrumentos eléctricos cara finais dos anos 60. Adoita a citarse como o momento do surximento a súa aparición no programa británico de televisión ''Top of the Pops'' en marzo de [[1971]], levando purpurina e roupa de satén, interpretando o que sería o seu primeiro sinxelo en acadar o número 1, "Hot Love". Dende finais de [[1971]], o nese intre menos coñecido, [[David Bowie]] desenvolveu a súa personaxe Ziggy Stardust, incorporando elementos de maquillaxe profesional, mímica e ''performance'' nas súas actuacións. Estes artistas foron rapidamente seguidos por xente como [[Roxy Music]], [[Sweet]], [[Slade]], [[Mott the Hoople]], [[Mud]] e Alvin Stardust. Aínda que estaban a ser un gran éxito nas listas de sinxelos británicas, moi poucos destes músicos foron capaces de ter un impacto serio nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]; sendo Bowie a principal excepción ao converterse nunha estrela a nivel internacional e provocando a adopción do estilo glam en artistas como [[Lou Reed]], [[Iggy Pop]], [[New York Dolls]] e [[Jobriath]], coñecéndose a miúdo como "glitter rock" e con letras máis escuras que as dos seus homólogos británicos.
 
No [[Reino Unido]] o termo glitter rock foi máis usado para referirse á versión máis extrema do glam representada por Gary Glitter e a súa banda, The Glitter Band, que conseguiron 18 sinxelos no top 10 do [[Reino Unido]] entre [[1972]] e [[1976]]. Unha segunda fornada de artistas de glam rock, onde se inclúe a [[Suzi Quatro]], [[Wizzard]] e [[Sparks]], dominou a lista británica de sinxelos de [[1974]] ata [[1976]].