Gabriele d'Annunzio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 38 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q193236
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 5:
Gabriele d'Annunzio naceu co nome de '''Gaetano Rapagnetta''', fillo dun rico comerciante, xa dende moi novo deu mostras do seu talento literario, publicou aos dezaseis anos ([[1879]]) o seu primeiro poemario, ''Primo vere''. En [[1881]] entrou na Universidade de [[Roma]], onde integrou varios grupos literarios e escribiu artigos e críticas nos xornais locais. En [[1889]] publica a súa primeira novela ''Il piacere''.
 
En [[1897]] d'Annunzio entra na Cámara dos deputados como independente,. En [[1910]] marcha a [[Francia]] para escapar das fortes débedas contraídas polo seu estilo de vida. Colabora con [[Claude Debussy]] na comedia musical Le martyre de Saint Sébastien ([[1911]]). Durante a [[Primeira Guerra Mundial]] loitou como aviador e perdeu un ollo en combate aéreo. Ao rematar a guerra ocupou a cidade de [[Rijeka|Fiume]] ([[1919]]) á fronte dun grupo de voluntarios para propiciar a súa integración en Italia, diante a negativa dos aliados ([[Francia]], [[Gran Bretaña]] e [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]) declarouse Duce e proclamou a independencia de Fiume (Rexencia italiana da Carnaro), cunha Constitución que é un precedente do fascismo italiano, e mantívose na cidade ata que a armada italiana bombardeu a cidade en decembro de [[1920]].
 
Despois de triunfar o fascismo en Italia, en [[1924]] recibiu o título de príncipe de Montenevoso, aínda que Gabriele d'Annunzio non participou na política de [[Benito Mussolini]], tivo unha grande influencia na súa ideoloxía. Pouco antes da súa morte a Real Academia Italiana elixiuno como o seu presidente.