Fertilizante: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q83323
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 220:
Isobutilidendiurea, a diferenza dos polímeros de metilurea, é un sólido cristalino único de propiedades relativamente uniformes, con preto do 90% do nitróxeno insolúbel en auga.
 
Nos anos 1960, o Centro de Desenvolvemento Nacional de Fertilizantes dos [[Estados Unidos de América|EUA]] comezou a desenvolver a urea recuberta de xofre; o xofre usábase coma material principal de recubrimento xa que era barato ademais de ser un importante nutriente secundario.<ref name=SRN/> Normalmente nos fertilizantes de liberación lenta hai outros compoñentes coma ceras ou polímeros para selaren o xofre, a liberación será amodo dependendo da degradación do selante. Soe haber un segundo selante do xofre a base de ceras ou polímeros. As propiedades de liberación dependen da degradación do selante secundario polos microbios do solo ademais das imperfeccións mecánicas do xofre. Por exemplo nas aplicacións en céspede liberan durante 6 ou 16 semanas. Outros fertilizantes empregan para o selado termoplásticos (e ás veces etileno acetato de vinilo, axentes tensioactivos, etc.) para producir unha liberación difusión-controlada da urea ou de fertilizantes inorgánicos. Os fertilizantes con "Recubrimentos de capa reactiva" poden ter recubrimentos de membrana máis delgados, e por lo tanto, máis baratos, mediante a aplicación de monómeros reactivos simultaneamente coas partículas solúbeis. "Multicote" é un proceso de aplicación de camadas de sales de ácidos graxos de baixo custo recubertos cunha tona de parafina.
 
Ademais de ser unha técnica máis eficiente en canto á aplicación dos nutrientes, as tecnoloxías de liberación lenta tamén reducen os impactos no medio ambiente e mais a polución das augas subterráneas.<ref name=SRN/>
Liña 323:
 
==== Gran consumo enerxético ====
Nos [[Estados Unidos de América|EUA]] en 2004, consumíronse na industria de produción de amoníaco case 9 mil millóns de metros cúbicos de gas, algo menos do 1,5% do total de consumo anual de gas natural nos EUA.<ref name="Abram">{{Cite document | title=A Primer on Ammonia, Nitrogen Fertilizers, and Natural Gas Markets | author=Aleksander Abram and D. Lynn Forster | publisher=Department of Agricultural, Environmental, and Development Economics, Ohio State University | year=2005 | page=38}}</ref>
Un informe de 2002 dicía que a produción de amoníaco consume arredor do 5% do gas natural total consumido mundialmente ao ano, que supón o 2% da produción enerxética mundial.<ref name="ifa">[http://www.fertilizer.org/ifa/statistics/indicators/ind_reserves.asp IFA&nbsp;– Statistics&nbsp;– Fertilizer Indicators&nbsp;– Details&nbsp;– Raw material reserves, (2002–10)]</ref>