Fahd I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Elimino: tr:Fahd bin Abdülaziz (strong connection between (2) gl:Fahd bin Abdul Al-Aziz and tr:Fehd bin Abdülaziz)
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 10:
En [[1945]] Fahd fixo a súa primeira visita de estado a [[New York]] para asistir á sesión de apertura da Asemblea Xeral das [[Nacións Unidas]]. En [[1953]], foi nomeado [[Ministro de Educación]]. tamén nese ano acudiu á coroación da Raiña [[Isabel II do Reino Unido]] en representación da Casa de Saud. Anos despois dirixiu a delegación saudí na [[Liga Árabe]] en [[1959]], debido á súa crecente relevancia e importancia dentro da Casa de Saud.
 
En [[1962]] foi finalmente nomeado [[Ministro de Interior]]. Tres anos despois, tras a destitución do rei [[Saud]] e o acceso ao trono do seu irmán, o rei Faisal, foi nomeado Vicepresidente segundo, un posto moi significativo dentro do goberno saudí. Dirixíu os Consellos Superiores de Petróleo, Universidade, da Seguranza Nacional e da Peregrinación á Meca. Durante esta etapa mostrou especial interese polos asuntos internacionais e representou a Arabia Saudí no estranxeiro en diversas ocasións. En [[1967]] foi recibido por [[Charles de Gaulle]] en París; en [[1974]] asinou un importante acordo económico cos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], país co que mantén boas relacións.
 
O [[25 de marzo]] de [[1975]], tralo asasinato do rei [[Faysal bin Abdelaziz Al Saud|Faisal]] e a coroación do rei [[Khalid bin Abdul Aziz|Khalid]], Fahd convertiuse en Príncipe Herdeiro e Primeiro Vice-Primeiro Ministro, actuando como rei na sombra. Desempeñou un papel moderador na crise do petróleo e nos conflitos do [[Oriente Medio]].
Liña 18:
== Reinado ==
 
Apesar da súa amizade cos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], acabou por condear os [[Acordos de Camp David]] de [[1978]] entre [[Exipto]] e [[Israel]], ao tempo que tentaba conter a oleada antiexipcia que se extendía polo [[mundo árabe]]. Protector da [[OLP]] e amigo de [[Yasser Arafat]], foi autor dun proxecto, o Plan Fahd, para a solución negociada no Oriente Medio. En xullo de [[1990]] restableceu relacións diplomáticas coa [[China]] e o [[2 de agosto]] do mesmo ano, cando [[Irak]] invadiu [[Kuwait]], tomou a decisión histórica de permitir que Arabia Saudí se convirtise no cuartel xeral dos 400.000 solados dos Estados Unidos e os seus aliados. Durante a [[Guerra do Golfo]], Arabia Saudí foi a principal base de operacións militares aliadas e o seu territorio chegou a ser atacado con [[mísil|míseis]] [[Scud]] iraquís.
 
Durante o seu reinado fixo numerosas doazóns para a construción de mesquitas por todo o mundo. En maio de [[2003]] permitiu avanzar nas reformas das estruturas políticas e propiciar a participación popular na vida política. Desde os atentados do [[11 de setembro]] de [[2001]] en Estados Unidos, procurou mostrar unha visión máis amábel de Arabia Saudita, xa que 15 dos 19 autores eran precisamente sauditas.