Pontedeume: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nemigo (conversa | contribucións)
→‎Toponimia: ligazón interna
betanzos e as pontes
Liña 54:
| web= {{URL|http://www.pontedeume.es| pontedeume.es}}
}}
'''Pontedeume''' é un concello da [[provincia da Coruña]], pertencente á [[comarca do Eume]]. O seu xentilicio é {{Dic|eumés}}. É un concello pequeno (29,3 km<sup>2</sup>) que en 2012 tiña unha poboación de 8.324 habitantes <small>(8.370 en [[2010]])</small> cunha alta [[densidade de poboación]] (284 hab/km<sup>2</sup>). Está estratexicamente situado entre as cidades da [[A Coruña|Coruña]] e [[Ferrol]], e preto de [[Betanzos]] e [[As Pontes de García Rodríguez|As Pontes]].
 
É un dos poucos concellos galegos que conservan o seu centro medieval, declarado [[Conxunto Histórico-Artístico]] en [[1971]]. A súas rúas e prazas manteñen moitos elementos daquela época como os soportais, as casas con balcóns de madeira e galerías acristaladas, as fontes públicas e un gran número de edificios monumentais. Todo isto, unido a unha gran riqueza paisaxística e natural no seu entorno, fai de Pontedeume un importante destino [[Turismo|turístico]]. No seu territorio está un dos portais de acceso e o Centro de Interpretación do Parque Natural das [[Fragas do Eume]].