Estación Espacial Internacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m *voltar -> volver
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 109:
|-
|}
A '''Estación Espacial Internacional''' (''International Space Station'', ou simplemente '''ISS''') é a continuación do que fora planeado para a [[Mir]] [[Rusia|rusa]] ou o [[Skylab]] dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], e a non realizada [[Columbus (ISS)|Columbus]] europea, e representa a vontade de permanencia humana continuada no espazo: ten sido dirixida con tripulacións de non menos de dúas persoas desde o [[2 de novembro]] de [[2000]]. A cada cambio da tripulación, na estación reúnense ambos os dous equipos e, ás veces, algúns visitantes.
 
== Características do proxecto ==
 
A ISS é un proxecto conxunto no que participan 16 países: os [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], [[Rusia]], [[Xapón]], [[Canadá]], [[Brasil]] e 11 países [[Unión Europea|europeos]] a través da [[Axencia Espacial Canadiana]] (CSA/ASC), a [[Axencia Espacial Europea]] (ESA), a [[Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial]], a [[Axencia Espacial Federal Rusa]] e a [[NASA]].
 
A [[estación espacial]] encóntrase en [[órbita]] en torno da [[Terra]] a unha altitude de aproximadamente 360 [[quilómetro]]s, un tipo de órbita denominada como [[órbita terrestre baixa]] (en realidade, a altitude varía ao longo do tempo en varios quilómetros debido ao [[arrastramento atmosférico]] e aos reempuxes. A estación perde, unha media, 100 metros de altitude por día). A estación orbita a Terra nun período de cerca de 92 minutos; o [[1 de decembro]] de [[2003]] completara máis de 33.500 órbitas desde o seu lanzamento.
Liña 182:
Algunhas críticas encaran o proxecto da NASA como un desperdicio de tempo e diñeiro, inhibidor do progreso noutros proxectos de máis utilidade, e ponse por exemplo que os 100.000 millóns de dólares estimados poderían pagar decenas de [[misións espaciais non tripuladas]]. En xeral, existen moitas críticas contra a [[exploración espacial]] que defenden que esa contía estaría mellor empregada en problemas na Terra.
 
Os defensores da exploración espacial argumentan que tales críticas son, no mínimo, redutoras e de pouca visión, e talvez decepcionantes. Os defensores da investigación e exploración espacial tripulada defenden que estes esforzos xa produciron miles de millóns de dólares de beneficios tanxíbeis na Terra. Algunhas proxeccións apuntan para un beneficio económico indirecto, materializado pola comercialización das tecnoloxías desenvolvidas durante a [[exploración espacial tripulada]], que xa retornou máis de sete veces o investimento inicial para a economía (algunhas proxeccións conservadoras colocan este valor en tres veces o investimento inicial). Se a ISS, illada do restante programa espacial, será un contribuidor considerábel é, no entanto, un asunto de reñido debate, principalmente nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]].
 
A ISS xa recibiu o primeiro [[turismo espacial|turista espacial]], [[Dennis Tito]], que gastou 20 millóns de dólares para participar nunha misión rusa de reabastecemento e o primeiro casamento no espazo cando [[Yuri Malenchenko]], na estación, casou- con Ekaterina Dmitriev, en [[Texas]].