Emma Watson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
actualizo imaxe
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 45:
En [[2004]] estreouse ''[[Harry Potter e o preso de Azkaban (filme)|Harry Potter e o preso de Azkaban]]''. Watson destacou a personaxe de Hermione nesta terceira entrega, que definiu como «carismático» e «un gran papel para interpretar». A pesar de que a crítica comezou a cuestionar o traballo do protagonista [[Daniel Radcliffe]], Watson continuou recibindo críticas positivas; ''The New York Times'' eloxiou a súa interpretación, destacando que "afortunadamente o insípido traballo do señor Radcliffe queda compensado pola aguda impaciencia e rapidez da señorita Watson". Aínda que ''[[Harry Potter e o preso de Azkaban (filme)|Harry Potter e o preso de Azkaban]]'' permanece, a xaneiro de [[2008]], como o filme menos taquilleiro da serie, representou o maior éxito de Watson, recibindo dous premios Otto e o premio á Actuación xuvenil do ano da revista Total Film (Child Performance of the Year).
 
Coa estrea en 2005 de ''[[Harry Potter e o Cáliz de fogo (filme)|Harry Potter e o Cáliz de fogo]]'', tanto Watson como a serie superaron tódolos rexistros anteriores. A película batiu récords de taquilla na súa primeira fin de semana, tanto en [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] como no [[Reino Unido]]. Nomeada en tres premios polo ''Cáliz de fogo'', Watson foi galardoada cun Otto de bronce. No [[2006]] interpretou a Hermione en ''The Queen´s Handbag'', un mini episodio especial de ''Harry Potter'' para celebrar o oitenta aniversario da raíña [[Isabel II do Reino Unido|Sabela II]].
 
A quinta entrega, ''[[Harry Potter e a Orde do Fénix (filme)|Harry Potter e a Orde do Fénix]]'', estreada en [[2007]], foi todo un éxito financeiro: estableceu a cifra récord, a nivel mundial, de $333,7 millóns na súa primeira fin de semana. Watson gañou o primeiro National Movie Award á mellor interpretación feminina e o premio á mellor actriz nos Nickelodeon Kids' Choice Awards. En xullo de 2007, Watson e os seus compañeiros [[Daniel Radcliffe]] e [[Rupert Grint]], deixaron as pegadas das súas mans, pés e variñas fronte ó Grauman's Chinese Theatre en [[Hollywood]].