Embraer E-Jets: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 24:
Todos os E-Jets levan catro asentos por fila e teñen un deseño de "dobre-burbulla", desenvolvido por Embraer para os seus reactores comerciais de pasaxeiros. Aínda que é referido comunmente cun sinxelo prefixo "E", os reactores son tecnicamente aínda Embraer Regional Jets ("ERJ"s), termo que se refire aos máis pequenos membros da familia Embraer ERJ. Embraer fixo desaparecer o prefixo ERJ nos seus anuncios dos inicios da fabricación do novo avión. As series E-190/195 teñen unhas capacidades semellantes ás versións iniciais do [[McDonnell Douglas DC-9]] e do [[Boeing 737]], que sempre foron considerados avións de pasaxeiros de primeira liña.
 
Os clientes de lanzamento do avión foron a aeroliña francesa [[Régional Compagnie Aérienne Européenne]] con 10 pedidos e 5 opcións do E-170; e a aeroliña suíza [[Crossair]] con 30 pedidos do E-170 e 30 do 30 E-190. O pedido máis grande de E-Jets realizouno [[JetBlue]], ao mercar 100 E-190, e ter opción a 100 máis. JetBlue estableceu o récord do voo máis longo da familia E-190 o [[6 de novembro]] do [[2008]], cando un dos seus avións voou dende [[Anchorage, Alaska]] ata [[Buffalo, Nova York]], realizando un total de 4.989 km; tratábase dun avión baleiro nun voo non comercial. O avión finalmente regresou ao aeroporto JFK tras dous meses en servizo chárter coa candidata á vicepresidencia dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] [[Sarah Palin]].
 
En novembro do [[2011]] Embraer anunciou que remotorizaría a familia E-Jet e entregaría o primeiro exemplar cos novos motores antes do ano [[2018]]. O [[8 de xaneiro]] de [[2013]] a compañía anunciou a elección dun motor Pratt & Whitney para estas novas versións. En febreiro do [[2012]] Embraer anunciou que estaba estudando o desenvolvemento dunha nova variante con 130 asentos.
Liña 32:
Os modelos E-170/E-175 no rango dos 80 asentos son os máis pequenos da familia E-Jet. Están impulsados por motores General Electric CF34-8E de 62,28 kN de potencia cada un. Os E-170 e E-175 compiten directamente co [[Bombardier CRJ-700]] e o [[Bombardier CRJ-900]] respectivamente, e en parte co [[turbohélice]] [[Bombardier Q400]]. Tamén buscan substituír no seu segmento de mercado a deseños anteriores coo o [[BAe 146]] e o [[Fokker 70]].
 
O Embraer 170 foi a primeira versión producida. O prototipo 170-001 foi dado a coñecer o [[29 de outubro]] do ano [[2001]], realizando o primeiro voo o [[19 de febreiro]] de [[2002]]. Amosouse ao público en maio dese ano na convención a Asociación de Aeroliñas Rexionais. Despois dunha resposta positiva por parte da comunidade de aeroliñas, [[Embraer]] lanzou o E-175. O primeiro voo do alongado E-175 realizouse en xuño do [[2003]]. A certificación para o 170 conseguíuse dous anos despois da súa estrea ao público; a entrega do primeiro exemplar ao cliente de lanzamento, [[LOT Polish Airlines]], foi en marzo do [[2004]]. O primeiro cliente [[Estados Unidos de América|estadounidense]] do EMB 170 foi [[US Airways]], tras a certificación da [[FAA]], e o avión entrou en servizo o [[4 de abril]] do [[2004]] operado pola división [[MidAtlantic]] de US Airways, Inc. O primeiro E-175 foi entregado a [[Air Canada]] e entrou en servizo en xullo do [[2005]]. O prototipo 170-001 realizou o seu derradeiro voo o [[11 de abril]] do [[2012]]. O seu destino foi o desguace nos Estados Unidos para pezas de reposto.
 
=== E-190 e 195 ===
Liña 38:
Os modelos E-190/195 son variantes alongadas dos E-170/175 equipados cunha á e un estabilizador máis longos e un novo motor, o GE CF34-10E, de 82,30 kN de potencia. Este avión compite co [[Bombardier CRJ-1000]]. Ademais, estando no rango dos 110 asentos, compiten con avións de primeira liña como os [[Boeing 717|Boeing 717-200]] e [[Boeing 737|737-500/-600]], o [[Airbus A318]], e algúns dos próximos modelos da [[Bombardier CSeries]].
 
O primeiro voo do E-190 foi o [[12 de marzo]] do [[2004]], e o do E-195 o [[7 de decembro]] do mesmo ano. O primeiro cliente do E-190 foi a aeroliña de baixo custe [[Estados Unidos de América|estadounidense]] [[JetBlue]], cun pedido de 100 unidades e outras 100 opcións. A compañía británica [[Flybe]] lanzou o E-195, con 14 pedidos e 12 opcións.
 
Xa que os modelos 190/195 son do mesmo tamaño que avións de primeira liña, moitas aeroliñas opéranos como tales, equipando unha clase ''business'' nos mesmos, en lugar de operalos cunha compañía rexional asociada. Por exemplo, [[Air Canada]] opera 45 E-190 con 9 asendos de clase ''business'' e 88 de clase económica como parte da súa frota principal.