Día da Terra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 60 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q124473
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 1:
[[Ficheiro:Earth_flag_PD.jpg|miniatura|A bandeira non oficial coa figura central da Terra. Inclúe foto da NASA]]
O '''Día da Terra''' (en inglés ''Earth Day'') é o nome dunha celebración festiva que se corresponde con dous acontecementos: o ''Día Internacional da Terra'', que se celebra o 20 ou [[21 de marzo]] e o ''Día da Terra'' do [[22 de abril]] iniciado nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] en [[1970]], e que continúa celebrándose aínda hoxe nese día.
A festividade foi creada para lembrarnos a responsabilidade de coidar e protexer o planeta tras observárense os primeiros indicios alarmantes da degradación ó que os humanos o estabamos sometendo. A través da celebración preténdese aumentar a [[consciencia]] con relación ó [[medio]] e os problemas ambientais.
 
Liña 12:
== Historia ==
As orixes da celebración remóntanse ó nacemento do [[movemento ecoloxista]] de finais da década de 1960 e comezos da seguinte. O primeiro que aparentemente concibiu a idea dunha festa denominada ''Día da Terra'' foi o asesor do presidente [[John F. Kennedy]], [[Frederick G. Dutton]], pero [[John McConnell]] tamén aparece xeralmente nas crónicas dos primeiros tempos como introdutor da idea dunha festa de carácter global nunha conferencia da [[Unesco]] celebrada en [[1969]].
Ese mesmo ano o senador por [[Wisconsin]] [[Gaylord Nelson]], preocupado pola degradación ambiental, animaría os estudantes a unírense na que sería a primeira protesta ecoloxista de importancia nacional nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] co obxectivo de intentar establecer a problemática ambiental na axenda política americana. Tería lugar o [[22 de abril]] do ano seguinte cun éxito enorme que conseguiu mobilizar uns vinte millóns de americanos en toda a nación, dúas mil universidades, dez mil escolas primarias e secundarias e numerosas organizacións. Foi a primeira vez que se celebraba realmente en América o Día da Terra. Como consecuencia desta mobilización nacional en torno a un día de reivindicación ecoloxista, o senador Nelson puido abandeirar a creación da [[Axencia de Protección do Ambiente dos Estados Unidos]] (EPA) e conseguir que se aprobase lexislación ambiental duradeira, coma a Lei do Aire Limpo, e leis para protexer a auga potable (Lei da Auga Limpa), as especies animais en perigo de extinción (Lei das Especies en Perigo), e os mares. A data do 22 de abril segue sendo a celebración máis popular do Día da Terra nos Estados Unidos e fíxose tamén popular noutros moitos países.
[[Ficheiro:Ozomatli.jpg|miniatura|200px|dereita|[[Ozomatli]] actuando nos concertos do Earth Day en [[Nova York]], 20 de abril de 2007]]