Dream pop: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 12:
}}
 
O '''dream pop''' é un subxénero do [[rock alternativo]] aparecido no [[Reino Unido]] a mediados dos anos 80, cando bandas como [[The Passions]], [[Dif Juz]], [[Lowlife]] e [[A.R. Kane]] (ao que se lles atribue o termo) comezaron a fusionar [[post-punk]] e experimentación [[ethereal wave]] con melodías pop agridoces, nuns ambientes sonoros que se podería definir como sensuais. O termo foi usado case en exclusiva nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Un colectivo de dream pop chamado [[This Mortal Coil]] foi coñecido por versionar cancións escuras, principalmente dos anos 60 e 70.
 
A esencia da súa música é un enfoque nas texturas etéreas e nos estados de ánimo, en vez de centrarse nos típicos ''riffs'' do rock. Voces femininas cun rexistro alto entrecurtadas, ou masculinas case susurradas adoitan a ser a forma de entrega lírica; as letras polo xeral son de natureza introspectiva e existencial. As portadas dos seus discos soen consistir en imaxes pastel borrosas ou en crus deseños minimalistas, ou na combinación de ámbolos dous estilos. En conxunto, a etiqueta [[4AD]] é a máis asociada ao dream pop, aínda que outros selos, como [[Creation Records|Creation]], Projekt, Fontana, Bedazzled, Vernon Yard e Slumberland, tamén publicaron gravacións significativas do xénero.