Courtney Love: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 43 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q222071
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 26:
Os seus pais divorciáronse cando Courtney tiña cinco anos, e a nai acusou ao pai de darlle LSD con tres anos. O pai negou esta acusación pero finalmente a custodia quedou nas mans da nai. Love pasou o resto da súa infancia nas comunas hippies de [[Oregon]], onde xunto coas súas tres irmanexas e a súa nai se mudaron a [[Eugene, Oregon|Eugene]]. A súa nai estudou alí psicoterapia na University of Oregon, e casou novamente. Love era intimidada na escola e chamada "pee girl" (nena mexo) debido a que as súas roupas adoitaban a estas sucias, e foi enviada a varios terapeutas e conselleiros tras ter manifestado problemas de ira.
 
En [[1972]] a nai de Love mudouse a [[Nova Celandia]] coas irmanastras pero deixou a Courtney nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] ao coidado da familia dun amigo. Ao pouco tempo marchou a [[Portland, Oregon]] para vivir co seu ex-padrastro, e, aos 12 anos, solicitou unirse ao Mickey Mouse Club, sendo rexeitada tras ler un poema de Sylvia Plath na súa audición.
 
=== Adolescencia ===
Aos 14 anos Love foi arrestada por conduta criminal e roubo despois de roubar unha camiseta, sendo enviada a un centro de detención para mozos. Sería enviada durante un tempo coa súa nai a [[Nova Celandia]], pero, debido a que se negou a estar con ela, regresou aos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], onde foi admitida no Hillcrest Youth Correctional. Entre os anos [[1978]] e [[1980]] Love pasaría por unhas 20 centros de menores e casas de acollida.
 
Aos 16 anos Love escapou do sistema xuvenil de [[Oregon]] e obtivo a emancipación legal da súa familia. Posteriormente viaxou a [[Inglaterra]], [[Irlanda]] e [[Xapón]], vivindo dun fondo creado para ela polos pais adoptivos da súa nai. Mentres estivo en [[Irlanda]] Love estivo dous semestres no Trinity College de [[Dublín]] e traballou de fotógrafa para ''Hot Press''. Déronlle 500 dólares cada mes e comezou a coller traballos en clubs de striptease para gañar cartos extra. En [[Inglaterra]] trasladouse á casa do músico de [[Liverpool]] Julian Cope, de The Teardrop Explodes, e comezou a ir con regularidade a concertos de rock. Tamén se fixo amiga de [[Ian McCulloch]], de [[Echo and the Bunnymen]].
Liña 35:
Love regresou a [[Portland, Oregon|Portland]] aos 17 anos, e formou parte da escena [[punk rock]] da cidade. Segundo ela traballou como DJ na emisora comunitaria de radio KBOO, e escribiu un artigo baixo o nome "Courtney Michelle" no fancine punk ''MRR''.
 
Aínda que seguía sendo menor de idade, Love volveu a traballar como bailarina exótica en varios locais de [[Portland, Oregon|Portland]], mentíndolle aos donos dos clubs para conseguir os traballos. Cos seus ingresos como ''stripper'' puido alugar un apartamento en Northwest Portland con dous amigos. Entre [[1980]] e [[1982]] viaxou frecuentemente pola costa oeste dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] buscando as escenas musicais locais da zona e nesa época adoptou o nome "Courtney Love".
 
=== Carreira musical ===
Liña 57:
Hole realizou o seu primeiro concerto en novembro de [[1989]], despois de tres meses de ensaios, e editou sinxelos co selo independente de [[Long Beach, California]] [[Sympathy for the Record Industry]]. O seu primeiro sinxelo, titulado "[[Retard Girl]]", apareceu na primavera de [[1990]], e foi producido polo entón xa ex-marido de Love James Moreland. Un ano despois a banda lanzou o segundo sinxelo, "[[Dicknail]]", a través de [[Sub Pop Records]].
 
Influenciados polos sons e o estilo das bandas de [[no wave]], Love buscou á [[Kim Gordon]], baixista de [[Sonic Youth]], para producir o seu primeiro álbum, unha proposición que Gordon aceptou. O álbum de estrea de [[Hole]], ''[[Pretty on the Inside]]'', foi editado en setembro de [[1991]] a través do selo [[Caroline Records]] e foi producido por Gordon e por Don Fleming, da banda [[Gumball]]. Tivo boas vendas para ser unha edición independente, e recibiu críticas favorables na prensa musical alternativa británica, chegando ao posto 59 da lista británica de álbums en outubro de [[1991]]. Love saiu de xira con Hole para promocionar o traballo nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e a esta seguíulle outra por [[Europa]] e o [[Reino Unido]].
 
Durante este período, Love fixérase amiga de moitas figuras da escena do [[rock alternativo]], como [[Michael Stipe]] de [[R.E.M.]] e [[Billy Corgan]] de [[The Smashing Pumpkins]] (co cal saiu durante un tempo). En xaneiro de [[1989]], Love tivo o seu primeiro encontro co líder de [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]] [[Kurt Cobain]] en [[Portland, Oregon|Portland]] no club nocturno Satyricon, onde traballara na súa adolescencia. Cobain e a súa banda, que nese momento aínda se movían polo ''underground'', tocaran nese club esa noite. Love e Cobain comezaron a sair en [[1991]] e casaron en [[1992]]. Tiveron a súa única filla, Frances Bean Cobain, no mes de agosto de [[1992]].
Liña 81:
Durante a edición e promoción de ''[[Celebrity Skin]]'', Love e [[Fender]] deseñaron unha guitarra [[Squier]] de baixo prezo, chamada Vista Venus (ao igual que fixo [[Kurt Cobain]] en [[1994]], facendo o deseño da súa [[Fender Jag-Stang]]). O instrumento tiña unha forma inspirada nos corpos sólidos de guitarras Mercury, [[Fender Stratocaster|Stratocaster]] e [[Rickenbacker]], cunha pastilla sinxela e unha pastilla ''humbucker''.
 
Hole saiu de xira por [[Australia]] en [[1999]] para promocionar o álbum, e polos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] tocou conxuntamente con [[Marilyn Manson]]. As dúas bandas burlábanse entre si no escenario, e finalmente Hole abandonou a xira citando a obriga de pagar o 50% dos custes de Marilyn Manson como principal razón. Os vocalistas de ambalasdúas bandas dixeron na [[MTV]] que non había animosidade e que estaban contentos de rematar a xira. Hole rematou de xirar ese ano sendo teloneada por Imperial Teen.
 
==== Traballo en solitario ====