Diferenzas entre revisións de «Clarescuro»

m
Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
m (Bot: Retiro 32 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q219540)
m (Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América)
 
 
O expresionismo alemán tería curta vida, mais deixaría obras influentes, como o ''[[Nosferatu|Nosferatu, eine Symphonie des Grauens]]'' de [[F. W. Murnau]], en que o claroscuro desempeña un papel central. O traslado de moitos cineastas alemáns ós [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] como consecuencia do auxe do [[nazismo]] levaría ó desenvolvemento dun xénero cinematográfico que aunou as convencións narrativas da ficción policial americana coa influencia visual do expresionismo: o ''[[film noir]]''. Caracterizado polo uso de proporcións desusadas de sombra (ata un 90% da pantalla, contra o 50% a 60% convencional) e o emprego da mesma como artificio dramático —sexa oscurecendo elementos de maneira suxestiva, sexa levando á pantalla a silueta dun obxecto invisíbel— o ''film noir'' empregou o claroscuro como medio visual para desenvolver a ambigüidade moral das súas temas. En películas como ''[[O falcón maltés (1941)|O falcón maltés]]'', ''[[A noite do cazador]]'' ou '' [[ Touch of evil ]] '' en Estados Unidos, ou ''[[Pepé le Moko]]'' en Francia, o xogo de luces e sombras foi un dos elementos principais da estética.
 
 
103.099

edicións