Diferenzas entre revisións de «Bristol»

m
Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
(engado modelo)
m (Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América)
'''Bristol''' é unha [[cidade]] de [[Inglaterra]] pertencente ao condado homónimo. Canda a cidade de [[Plymouth]] constitúe un dos principais centros administrativos do sueste inglés. A cidade naceu e prosperou á beira do mar, onde o auxe comercial e poboacional foi en grande medida grazas ao porto de Bristol. No ano [[2009]] posuía unha poboación de 433.100 habitantes, 1.070.000 se incluímos toda a área metropolitana.<ref>"Population estimates for UK, England and Wales, Scotland and Northern Ireland – current datasets" (ZIP). ''National Statistics Online. Office for National Statistics.'' Consultado o 27 de xuño de 2010. {{en}}</ref>
 
En poboación, Bristol é a oitava cidade de [[Inglaterra]] e décima do [[Reino Unido]]. Arredor do planeta existen outras cidades tamén chamadas Bristol, a maioría nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], pero tamén en [[Perú]], [[Canadá]], [[Xamaica]] e [[Costa Rica]]. Todas probablemente inspiradas no nome da cidade orixinal.<ref>[http://www.geody.com/geolook.php?world=terra&map=col&q=bristol&subm1=submit Bristol en Geody]. Geody. Consultado o 1 de xaneiro de 2009. {{en}}</ref>
 
Historicamente dentro de [[Gloucestershire]], foi decretada cidade en [[1155]] e recibiu status de [[condado]] en [[1373]]. Desde o século XIII, durante medio milenio, foi clasificada entre as tres principais cidades inglesas despois de Londres, tras de [[York]] e [[Norwich]]. Porén, no [[século XVIII]], por mor do rápido crecemento de cidades coma [[Liverpool]], [[Birmingham]] e [[Manchester]] durante a [[Revolución Industrial]], acabou perdendo ese status.
103.099

edicións