Brigham Young: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 35 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q203559
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 9:
Aínda que se converteu ao metodismo en 1823, Young achegouse ao [[mormonismo]] tras ler o [[Libro de Mormón]] pouco logo da súa publicación en 1830. Uniuse formalmente á nova fe en 1832 e viaxou a [[Canadá]] como misioneiro. Cando a súa primeira esposa faleceu en 1833, Young colaborou con outros mormóns para establecer unha comunidade en [[Kirtland, Ohio]].
 
Young estaba moi comprometido coa súa fe. Foi ordenado como apóstolo e uniuse ao [[Consello dos Doce Apóstolos]] como un dos primeiros membros, o 14 de febreiro de 1835. Durante as persecucións do povo en Missouri a finais da década de 1830 fóronlle embargadas todas as súas propiedades. En 1840 e 1841 viaxou ao [[Reino Unido]] como misioneiro da Igrexa. A maioría dos que Young converteu emigraron aos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] para unirse ás comunidades mormonas norteamericanas. Na década de 1840 Young estaba entre os que estableceron a cidade de Nauvoo, Illinois, a beiras do [[río Mississippi]]. Nesta cidade estableceuse a nova sede da [[Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días]]. En tamaño, chegou a ser comparable a [[Chicago]].
 
Mentres estaba no cárcere esperando un xuízo por falsos cargos de traizón, o presidente da Igrexa [[Joseph Smith]] foi asasinado por unha multitude enfadada en 1844.
Liña 20:
Logo de tres anos baixo o [[Consello dos Doce]], Young organizou unha nova [[Primeira Presidencia]] e foi declarado presidente da [[Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días]] en 1847. A persistencia de conflitos e práctica da poligamia obrigou a Young a instalar á súa comunidade relixiosa en territorio que hoxe é [[Utah]], por entón parte de [[México]]. Young organizou a viaxe que levaría aos fieis a Winter Quarters, [[Nebraska]], en 1846, e máis tarde ao [[Val do Lago Salgado]], o 24 de xullo de 1847. Esta data recórdase como o [[Día do Pioneiro]] e é festivo no estado de Utah.
 
Pouco despois de que as novas colonias mormonas establecénse en [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] grazas á Cesión Mexicana, Young solicitou ao [[Congreso dos Estados Unidos]] a creación do estado de Deseret. En lugar diso, en 1850 estableceuse no territorio que hoxe é Utah, e Young foi nomeado gobernador. Como gobernador e presidente da Igrexa, Young xestionou asuntos relixiosos e económicos. Promoveu a independencia económica e a autosuficiencia. Elevou o ''status'' económico das arcas eclesiásticas sacando á igrexa e aos seus membros da pobreza.
 
Moitas cidades de [[Utah]] e algunhas dos estados veciños foron fundadas baixo a dirección de Young. Algúns acusaron a Young de ser un autócrata. Outros discrepan, recoñecendo a Young como un líder forte e influente durante unha época complicada, conservando así unha reputación e unha herdanza que están maioritariamente ben vistas dentro do movemento mormón.
Liña 29:
Logo dun sitio de cinco días, a milicia convence aos colonos de renderse coa promesa de que se lles daría un salvoconduto para atravesar o estado. Cando os colonos réndense, toma lugar a carnicería maior entre pioneiros brancos durante toda a historia da colonización en América. Ao redor de 140 homes, mulleres e nenos foron executados a sangue frío; só 17 nenos menores de 8 anos foron conservados con vida. Oito anos é o máximo dentro da idade de inocencia entre os mormóns. O goberno detivo a John D. Lee acusado como o executor intelectual da masacre. A igrexa o excomulgou declarando a Lee fóra da lei do home, e da igrexa ao supostamente malinterpretar un edicto do seu líder, Brigham Young.
 
En marzo de 1877, 20 anos máis tarde, o goberno dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] executou ao home ao mando dos asasinos, [[John D. Lee]]. Nas súas últimas palabras, John D. Le confesou sentirse traizoado por [[Brigham Young]], aínda que mantivo que este non soubo da atrocidade ata despois de que ocorrera. Certa interpretación dos feitos fixeron a John D. Lee supor que [[Brigham Young]] quería que todo emigrante que pasase polo Territorio de Utah durante o toque de sitio fose detido ou asasinado (Confesións de John D. Le, p. 383). Brigham Young non foi xulgado pola masacre ata a súa morte ese mesmo ano (1877). O acontecemento de Mountain Meadows foi e foi ata o día de hoxe criticado duramente por detractores da igrexa mormona tendo unha gran cantidade de material bibliográfico dedicado a iso. Estes sucesos deben entenderse dentro do seu contexto. Expulsados dos seus fogares e co risco sempre latente de ser atacados por aqueles que os habían perseguido nos estados do leste, parte dos membros da igrexa mormona, cansados das persecucións, tomaron a decisión de auto defenderse aínda matando a todos aqueles que cruzasen polo territorio e non fosen da súa igrexa. A [[masacre de Mountain Meadows]] foi perpetrada por homes que tomaron esta decisión en contra das leis tanto do país como da súa igrexa. O líder mormón [[Gordon Hinckley]] que presidio a igrexa mormona entre 1994 e 2007, deu desculpas publicas debido ao balbordo que se deu debido á recente publicación dun libro que trata sobre este tema e a igrexa mormona levantou un monumento conmemorativo á masacre.
 
== Poligamia ==